Liga Endesa únese a Cumpledías

Endesa e ACB sumaron as súas forzas ás de UNICEF España para combater a desnutrición infantil, apoiando a campaña Cumpledías  coa posta en marcha dunha Xornada Solidaria os días 29 e 30 de decembro.

O obxectivo desta acción solidaria é concienciar os afeccionados do baloncesto e pedirlles que se sumen á loita contra a desnutrición infantil, que está relacionada coa morte de 6.400 nenos ao día. Unhas mortes que se poden evitar, xa que a desnutrición se pode previr e tratarse.

O tratamento da desnutrición aguda lévase a cabo subministrando aos nenos leite ou alimento terapéutico. O tratamento completo, que dura entre 5 e 6 semanas custa ao redor de 42 euros.

Durante os partidos dos días 29 e 30 de decembro, con encontros de relevancia como o do FCBarcelona Regal-Real Madrid, as canchas da Liga Endesa pedirán o apoio á campaña Cumpledías, e haberá presenza da Xornada Solidaria no parqué e nos espazos publicitarios baixo o lema telle un triplo á desnutrición infantil.

'CUMPLEDÍAS' loita contra a desnutrición infantil

Dos 6,9 millóns de nenos menores de cinco anos que morreron en 2011 por causas que se poden evitar, máis dun terzo están relacionadas directa ou indirectamente coa desnutrición, que é o resultado da inxestión insuficiente de alimentos (en cantidade e calidade), a falta dunha atención axeitada e a aparición de enfermidades infecciosas. A desnutrición crónica, que afecta a uns180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo, non ten cura, pero pódese previr con medidas sinxelas como a achega de vitaminas e minerais esenciais, o fomento da lactación temperá exclusiva ata os 6 meses de idade ou a promoción de hábitos de hixiene, como o lavado de mans. Aproximadamente 20 millóns de nenos sofren desnutrición aguda que necesita tratamento inmediato. En 2011, co apoio de UNICEF máis de 2 millóns de nenos foron tratados de desnutrición aguda con leite e alimento terapéutico. A campaña Cumpledías parte da base de que, a pesar de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos e a desenvolver todo o seu potencial, a desnutrición os pon nunha situación tan vulnerable que cumprir días é todo un reto e un gran logro a este tempo. Ata o momento, Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas. Calquera persoa pode participar na campaña enviando un SMS coa palabraUNICEF ao 28028. CadaSMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.