'Libro de sonos', un conto infantil da Fundación Iberostar, co apoio de Antonio Banderas e UNICEF

A Fundación IBEROSTAR, en colaboración con Antonio Banderas e UNICEF, presentou o conto infantil Libro de sonos co obxectivo de sensibilizar os seus clientes, pais e nenos sobre a explotación infantil.

Este libro promove os principios do Código de Conduta para a Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes fronte á Explotación Sexual Comercial nas Viaxes e o Turismo, que está elaborado porThe Code, apoiado por ECPAT Internacional e coa colaboración deUNICEF e a Organización Mundial do Turismo (OMT). A presentación tivo lugar no recentemente inaugurado hotelIBEROSTAR Cancún onde ademais do actor Antonio Banderas, interviñeron, tamén GloriaFluxá, Vicepresidenta Executiva do GRUPO IBEROSTAR; Javier Álvarez, Representante Adxunto deUNICEF México; e Joan Vargas, Director Corporativo de Recursos Humanos e RSC do Grupo Iberostar.  

os valores da infancia e o dereito dos nenos a ser nenos

O conto é obra da escritora de libros infantís e xuvenís Begoña Oro, que ao longo das 16 páxinas repletas de ilustracións e textos interactivos fai partícipe o lector dos valores da infancia e do dereito dos nenos a ser nenos e a gozar plenamente desta etapa da vida. Na parte final do conto, contamos coa colaboración inestimable deAntonio Banderas, quen dende un primeiro momento se involucrou no proxecto, realizando a mensaxe final onde presenta os principios doCódigo de Conduta.Libro de Sonos, cunha tirada total nesta primeira edición de200.000 exemplares está dirixido principalmente a nenos e nenas de 6 a 12 anos, será editado en español, inglés e alemán; e distribuído nos hoteis de IBEROSTAR. O GRUPO IBEROSTAR, que se adheriu ao Código de Conduta o pasado mes de setembro dentro do marco da súa nova política de RSC, adquiriu o compromiso de promover diferentes accións destinadas a sensibilizar os seus clientes e empregados sobre este tema.