Laura Gallego doa a UNICEF os dereitos de autor do seu novo libro 'Mago por casualidade'

Mago por casualidade, a nova obra da escritora Laura Gallego editada por Bruño, incorpora un compoñente solidario á súa xa dilatada traxectoria no mundo da fantasía: a autora decidiu doar os seus dereitos de autor aos programas de UNICEF.

Os fondos que se consigan contribuirán a mellorar as condicións de vida de millóns de nenos, cubrindo as súas necesidades máis críticas alí onde se produzan; e ao avance dos dereitos da infancia, que son unha garantía para o desenvolvemento de cada neno, as súas familias e as súas comunidades. A novela é un relato fantástico cun toque de humor. Sairá á venda o próximo día 28 da man da EditorialBruño e xa causou grande expectación entre os centos de miles de seguidores da escritora. Coa súa decisión de doar os seus dereitos de autor a UNICEF, Laura Gallegopon de manifesto o seu compromiso coa infancia máis vulnerable e co traballo de UNICEF.  

traxectoria de Laura Gallego

Laura Gallego obtivo con 21 anos o premioBarco de Vapor con Finis Mundi. Pouco despois volveu conseguir este mesmo premio con A lenda do Rei Errante. Posteriormente obtivo unha grande acollida do público coa súa triloxía Crónicas da Torre, a raíz da cal xurdiu un crecente interese pola súa obra, especialmente aclamada nos medios dixitais e blogs especializados en literatura xuvenil. En 2004 a autora comezou a publicar a súa segunda triloxía fantástica, titulada Memorias de Idhún, coa que obtendo o seu maior éxito ata o momento, xa que se venderon 750.000 exemplares. Podes  asistir á presentación do libro en Madrid.