Lake agradece a España o seu apoio ao traballo de UNICEF

O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, expresou a súa gratitude ao Goberno de España e á sociedade española polo apoio recibido en materia de cooperación e fixo un chamamento para situar os nenos no centro das políticas públicas españolas. 

Estas declaracións realizáronse durante as reunións que Lake mantivo coSecretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade,Juan Manuel Moreno, e oSecretario de Estado de Asuntos Exteriores, Gonzalo de Benito, nas que tamén participaron a Directora Xeneral de Familia e Infancia,Salomé Adroher; aPresidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, e a súa Directora Executiva,Paloma Escudero.

O Director Executivo de UNICEF agradeceu especialmentea implicación dos españois coa organización, subliñando o feito de que do total dos socios de UNICEF no mundo (aproximadamente 2,5 millóns), un 10% son de España. Este apoio certifica a confianza que os cidadáns españois teñen no traballo deUNICEF polos dereitos da infancia no mundo. Nas distintas reunións celebradas, os representantes do Goberno aseguraron que España manterá o seu compromiso coa infancia, así como a súa vontade de cooperación conUNICEF. O Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade,Juan Manuel Moreno, sinalou que a infancia é e será dun dos piares fundamentais das políticas sociais do Goberno, sen que a crise sexa motivo de mingua deste compromiso.