‘La Ruleta de la Suerte’ apoia Cumpledías

O programa de Antena 3 Televisión La Ruleta de la Suerte  únese a UNICEF na loita contra a desnutrición infantil a través de Cumpledías pon o foco sobre a idea de que a desnutrición coloca os nenos nunha situación tan precaria de supervivencia que cumprir días é un logro e un reto ao mesmo tempo. A iniciativa ten como obxectivo asegurar a supervivencia infantil, que os nenos cumpran anos e poidan desenvolver plenamente todo o seu potencial.

La Ruleta de la Suerte, presentado por Jorge Fernández, ha dedicou o seu programa especial a Cumpledías, onde  participaron como concursantes Maxi Iglesias, Raúl Mérida e Marta Hazas, que  obtiveron 7.850 euros para loitar contra a desnutrición infantil que se sumarán aos SMS enviados durante a emisión do programa.

Os fondos obtidos con esta campaña  destinaranse aos programas de UNICEF na área de supervivencia infantil en todo o mundo.

Cualqiera persoa pode participar na campaña a través da web, onde se propoñen accións de difusión e opcións de doazón; ou enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028.

Cada 1,20 euros doado equivale a un día de tratamento para un neno da desnturición aguda grave, ol tratamiento completo dura entre 3 e 4 semanas).

a loita contra a desnutrición, clave para a supervivencia infantil

Casi 20 millóns de nenos menores de cinco años padecen desnutrición aguda grave, o que os pode colocar en risco de morte si non reciben atención. Este tipo de desnutrición  podese tratar con leite ou alimento terapeútico. Ademais, uns 180 millóns de nenos menores de cinco años en todo el mundo sufren desnutrición crónica. Se se produce nas primeiras etapas pode provocar un retraso no crecemento do neno, e o dano físico e cognitivo que causa é irreversible. A desnutrición crónica  podese previr con medidas sinxelas como a lactación materna ou promoción de habitos de hixiene, entre outros.

Antena 3 e Cumpledías

Antena 3  é un aliado de UNICEF e este ano envorcouse na loita contra a desnutrición infantil a través de Cumpledias. Ademais de emitir o anuncio da campaña e incluir contidos relacionados coa desnutrición, que se relaciona cun terzo das mortes infantís de menores de cinco anos, os programas estrela da cadea farán chamamentos e colaborarán coa captación de fondos para esta causa.

Este ano Antena 3 asinou un acordo de colaboración para desenvolver iniciativas enfocadas á infancia e facilitar a  cidadanía argumentos e ferramentas de participación que contribúan a mellorar as condicións de vida da infancia máis vulnerable e as súas familias.