IX Semana coa Infancia en Radio Televisión de Galicia

A CRTVG dedica unha programación especial, do 18 ao 24 de novembro, aos dereitos da infancia e da adolescencia, á consecución dos ODS e á campaña #PorTodosMisCompañeros.

UNICEF lucha contra la neumonía

18/11/2019

A novena edición da Semana coa Infancia da CRTVG (Corporación Radio Televisión de Galicia), que este 20 de novembro coincide co 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), dedicará unha programación especial da man de UNICEF desde o 18 ao 24 de novembro, na que se abarcarán os dereitos da infancia e a adolescencia, a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a campaña de UNICEF Comité Español #PorTodosMisCompañeros, a que pretende dar voz aos nenos e nenas e xerar conciencia e conversación sobre a situación de protección, educación ou saúde da infancia en todos os lugares do mundo.

A infancia, os ODS e UNICEF:

Uns 152 millóns de nenas e nenos de entre 5 y 17 años traballan no mundo. Uns 58 millóns de nenas e nenos en idade escolar primaria están fóra da escola. Uns 16 millóns de nenos sofren desnutrición aguda grave.

UNICEF Comité Español traballa para lograr a prohibición e eliminación das peores formas de traballo infantil, incluídos o reclutamento e a utilización de nenos soldado (ODS 8); garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade (ODS 4); poñer fin á fame , lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición (ODS 2); a igualdade de xénero (ODS 5) ou a saúde e o benestar (ODS 3).

Programación especial do 18 ao 24 de novembro

Ao longo de toda a semana numerosos programas e espazos informativos da CRTVG visibilizarán a situación da infancia, o labor de UNICEF e das administracións públicas galegas e darán voz aos nenos e nenas de Galicia:

Bos días, A Revista FdS, Telexornal Mediodía y Telexornal Serán emitirán entrevistas e reportaxes específicos. Luar (22 de novembro) e Aquí Galicia (23 de novembro) comprométense un ano máis na mellora da infancia máis vulnerable. Os nenos e nenas terán a palabra en programas como Fun polo Aire e Vin polo Vento, aos que asistirán representantes dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente dos municipios de Moeche, Cabanas e Ponteareas. A Crónica, de Radio Galega, tamén acollerá a opinión da infancia e tratará os logros alcanzados nestes 30 anos de Convención, así como os retos aos que nos enfrontamos.

A necesaria implicación de gobernos autonómicos para dar resposta ás necesidades dos nenos e nenas de países en guerra como é o caso de Siria, tratarase en Galicia por diante, en cuxa edición de fin de semana abordaranse cuestións relacionadas co acoso escolar. A conciliación real para a infancia terá o seu espazo en A Tarde, no que tamén se mostrará o traballo en educación en dereitos desenvolto polo CEIP As Covas. O deporte, no marco dos dereitos da infancia e o Desenvolvemento Sostible, terá cabida no programa Galicia en Goles

Personaxes públicos gallegos como a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, Víctor Fábregas, Ledicia Sola, Monti Castiñeiras, Kiko Novoa, Xoán Galán o Clara de Saa, entre outros, realizarán chamamentos especiais á colaboración da sociedade para lograr un mundo mellor para todos.