Iraq: miles de nenos en risco debido á violencia

A violencia na cidade iraquí de Mosul causou a fuxida dos seus fogares dunhas 500.000 persoas, a metade delas nenos.

 

"As súas vidas foronesnaquizadas case da noite á mañá polaescalada de violencia "que estalou o pasado 5 de xuño, declarouMarzio Babille, representante de UNICEF en Iraq. A violencia estase a estender, polo que "asituación que enfrontan os nenosé sumamente alarmante", advirte Babille.Miles de nenos están refuxiadosen escolas, hospitais e mesquitas fóra de Mosul. Moitos deles non teñen acceso a auga, saneamento axeitado ou refuxio fronte á calor abrasadora. "A situación é grave e estáempeorando", asegurou Babille. Os nenos "non poden esperar" e hai que chegar a eles "con auga potable, vivenda, comida e protección". Dentro da cidade de Mosulningún dos cinco hospitais está a funcionar, segundo os informes recibidos por UNICEF. Ademais as tendas e os mercados están pechados.UNICEF está a traballar xa cos seus aliados para dar resposta ás necesidades que aumentan rapidamente, das familias e nenos desprazados e dos que se quedaron atrás.

As prioridades inmediatas son aauga potable, as instalacións desaneamento axeitadas e a vacinación de emerxencia, crucial para previr a propagación deenfermidades como o sarampelo ou a poliomielite. Esta última volveu aparecer en Iraq este ano.UNICEF realizou un chamamento de emerxencia para Iraq antes de que estalase a violencia, do cal só se recibiu un 16 por cento dos fondos. O rápido empeoramento da crise aumentará a necesidade de fondos e de asistencia humanitaria, xa que como recorda Marzio Babille "esta é unha emerxencia sobre outra emerxencia existente en Iraq", a crise de Sirya.Esta causou "outros desprazamentos internos de nenos e as súas familias en Anbar, así como a presenza de refuxiados sirios no norte".