Inundacións en Malawi: os nenos os máis vulnerables a afogarse

As graves inundacións causadas polas chuvias en Malawi deixaron 48 mortos e preto de 70.000 persoas desprazadas.

Os importantes danos aos cultivos, o gando e as vivendas, ocasionaron miles de desprazamentos. No sur do distrito de Nsanje, moitos dos camiños quedaron intransitables, o que deixa as comunidades illadas e os seus habitantes, especialmente os nenos, máis vulnerables a afogarse.

O goberno do país do sueste de África fixo un chamamento á comunidade internacional para obter apoio, concretamente na provisión de tendas de campaña, alimentos e outros artigos como lonas, utensilios de cociña e mantas, así como apoio na realización das operacións de busca e rescate.

 

Inundacións en Malawi: a resposta de UNICEF

Dende UNICEF, co goberno do país e outras axencias da ONU, estamos a avaliar a situación para determinar as necesidades de resposta. A deficiente infraestrutura e os camiños intransitables están dificultado a avaliación.

Polo momento, os nosos equipos están a distribuír nos distritos máis afectados tendas de campaña, cubos, cloro para a purificación da auga e lousas de latrinas. Tamén enviamos a Malawi 1.500 kits de supervivencia e 1.560 mantas dende o noso almacén central. Temos previsto ampliar a resposta nos próximos días.