Internet e os nenos

Google presentou o Centro de Seguridade Familiar, unha web cuxo obxectivo é protexer e educar os mozos no uso de Internet. UNICEF España e outras catro organizacións especializadas na protección da infancia participaron na elaboración deste proxecto.

Ademais deUNICEF España, participaron no proxecto as organizacións Protégeles,Save theChildren, Fundación Alia2 eEU Kids Online co fin de contar a súa experiencia paraconcienciar sobre a necesidade dunha rede segura. Dende o Centro de Seguridade Familiar de Google tanto a compañía, coma as organizacións ofrecen recursos e consellos sobre temas como o ciberacoso, a protección infantil ou a educación online para pais e fillos. A Directora Executiva de UNICEFEspaña, Paloma Escudero, valorou o lanzamento desta web que permitirá que "pais e fillos saiban usar do mellor xeito posible todas as posibilidades que ofrece Internet".

Ademais, Escudero recomenda tres áreas de traballo básicas para que Internet sexa un ámbito seguro para os menores: o desenvolvemento dun marco legal,aplicar as políticas de forma axeitada e realizar un labor deprevención e educación.Bárbara Navarro, Directora de Relacións Institucionais deGoogle, destacou como conclusión a importancia de que para o uso axeitado e seguro de Internet se leven a cabo unha serie de tarefas, tal e como destacaron todos os participantes: o desenvolvemento do marco xurídico axeitado, educar aos menores incluíndo o ensino sobre o correcto uso de Internet no currículo escolar, e anecesidade de diminuír a brecha dixital entre pais e menores.

O Defensor do Menor,Arturo Canalda, quen clausurou o evento de presentación gabou esta iniciativa que pretende protexer para os máis novos dos efectos nocivos de Internet, proporcionando a pais e educadores ferramentas de seguridade e información para que poidan orientalos no uso axeitado e responsable da rede. "Sen unha implicación da industria non podemos avanzar", engadiu.

Menores e uso de Internet

En España a situación de risco na rede, tendo en conta que entre o 65% e 85% dos nenos fan uso, foi clasificada de “medio”.    O 58%   de

os menores entre 9 e 16 anos utiliza internet todos os días e pasan unha media de 71 minutos conectados.

Segundo datos da Enquisa EU Kids Online, arredor do 40% dos menores de entre 11 e 16 anos descoñece como facer un uso seguro de Internet.Ademais, unicamente o 16,9% dos adolescentes españois afirma contar cun sistema de filtrado ou control de acceso a determinadas páxinas web dende o ordenador de casa.

A gran maioría (76,3%) dos adolescentes españois aseguran estar sós cando usan internet, o 8% en compañía de amigos, 5,5% con irmáns e só un 3,8% en compañía dos seus pais. O 60,2% dos mozosconsidera que aos seus pais e nais lles faltan coñecementos para axudarlles a navegar pola rede de forma segura.

Entre os principais usos que os nenos e adolescentes españois fan de internet pódense mencionar os seguintes: tarefas escolares (83%); xogar a videoxogos (80%); recibir contidos de terceiros (78%); comunicarse (mensaxería instantánea 68%); colgar imaxes (44%); usar webcam (24%); compartir arquivos (23%); mundos virtuais (14%) ou escribir un blog (6%). Os servizos de internet que os adolescentes utilizan varias veces ao día son as redes sociais (45,9%), Messenger (41,5%), visitar páxinas web (31,8%) e usar o correo electrónico (22,7%).