Infancia con minusvalidez: moito camiño por percorrer

Hoxe, Día Internacional das Persoas con Minusvalidez, UNICEF Comité Español publica un Estudo sobre a situación dos nenos e as nenas con minusvalidez en España no que se pon de manifesto como, a pesar dos importantes avances no cumprimento dos dereitos das persoas con minusvalidez e na construción dunha sociedade inclusiva, aínda queda camiño por percorrer neste sentido.

Segundo as estimacións máis recentes, no mundo viven ao redor de 93 millóns de nenos e nenas con algún tipo de minusvalidez. Eles son, ante todo, nenos e teñen os mesmos dereitos, sonos e necesidades que o resto de nenos.

Ademais, se se lles brinda a oportunidade, os nenos con minusvalidez son perfectamente capaces de superar os obstáculos e levar vidas plenas, contribuír á vitalidade social, cultural e económica das súas comunidades e converterse en axentes de cambio. Cando isto acontece, non só estamos garantindo dereitos, senón que ademais a sociedade enteira benefíciase e enriquécese.

Non obstante, como nos recordaba hai poucos meses o Estado Mundial da Infancia 2013 (EMI), en todo o mundo os nenos con minusvalidez e as súas familias teñen que seguir facendo fronte a obstáculos e barreiras de distinta natureza que impiden a súa participación nos asuntos cívicos, sociais e culturais das súas comunidades.

A miúdo os nenos con minusvalidez son invisibles nas políticas, nas estatísticas, e na vida social. Con frecuencia teñen menor acceso a servizos como a saúde e aeducación, e teñen máis probabilidades de sufrir a pobreza, de ser vítimas de abandono e abuso, ou de ser afastados das súas familias.
 

os nenos con minusvalidez en España

A través da análise da información proporcionada polas estatísticas oficiais, os estudos existentes, as organizacións do sector e distintos organismos nacionais e internacionais, o estudo de UNICEF Comité Español ofrece unha panorámica xeral da situación na que se encontran os nenos con minusvalidez na nosasociedade.

O informe pon o foco nas principais barreiras e obstáculos cos que se encontran os nenos con minusvalidez para a súa plena participación e inclusión, sinalando finalmente algunha ideas e recomendacións concretas para intentar corrixir esta situación.

Entre as cuestións máis urxentes que destaca o estudo encóntranse: a falta de estatísticas abondo que contribúe á invisibilidade deste colectivo e dificulta tremendamente a elaboración de políticas e programas baseados en evidencias; a especialvulnerabilidade dos nenos con minusvalidez e as súas familias fronte os efectos da crise e as medidas adoptadas en resposta a ela; a maior incidencia do abuso e do maltrato na infancia con minusvalidez dentro e fóra do fogar; a necesidade de avanzar na efectiva aplicación do dereito á educación inclusiva así como á atención temperá; a necesaria eliminación de todas as barreiras para a súa participación efectiva; ou a promoción de solucións alternativasá institucionalización destes nenos.

"Dende UNICEF esperamos que este estudo contribúa aaumentar a visibilidade dos nenos e nenas con minusvalidez no noso país, así como alimentar un debate informado sobre a realidade que viven estes nenos e as súas familias e os desafíos pendentes no camiño cara á construción dunha sociedade inclusiva da que todos poidan poidamos beneficiarnos e para a que todos debemos contribuír", comenta Armando Belo, responsable de políticas de infancia de UNICEF ComitéEspañol.

Este estudo publícase dentro da serie de Cadernos para o Debate, unha nova colección de documentos queUNICEF Comité Español acaba de lanzar e na que se inclúen publicacións de distinto tipo, dende estudos monográficos a documentos de traballo e informes de investigación, todos eles dirixidos principalmente a un público académico e/ou de expertos sobre temáticas relacionadas cos dereitos da infancia.