A Fundación Banesto renova o seu compromiso pola infancia

UNICEF España e a Fundación Banesto renovaron o seu acordo de colaboración para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns  de nenos.

O compromiso da Fundación Banesto coa infancia comezou en 2007, coa creación da Conta InfantilBanesto Pro UNICEF. Dende entón, a colaboración con UNICEFEspaña traduciuse nun traballo continuado de apoio ás actividades da organización, incluíndo doazóns e accións extraordinarias levadas a cabo ensituacións de emerxencia en países endesenvolvemento. As achegas da FundaciónBanesto a UNICEF durante este período superaron omedio millón de euros.A Presidenta de UNICEFEspaña, Consuelo Crespo, e o Presidente da Fundación Banesto,Antonio Basagoiti, expresaron, nun acto celebrado na sede de Banesto en Madrid, a súa satisfacción pola firma do novo acordo e o seu desexo de seguir avanzando no traballo conxunto de ambas as dúas organizacións para garantir o cumprimento dos dereitos da infancia.En opinión de ambos os dous, esta alianza é un "modelo de alianza exemplar e único pola súa integralidade", ao tempo que destacaron a súa "sostibilidade e compromiso no tempo".A Fundación Banesto e UNICEF España manteñen unha relación estratéxica a longo prazo orientada a: apoiar programas de UNICEF a favor da infancia máis vulnerable; difundir a mensaxe de UNICEF e a situación dos nenos nos países en desenvolvemento; e involucrar empregados, clientes e outros grupos de interese da empresa.