Filipinas: un ano despois do tifón Haiyan

Un ano despois de que o peor tifón da historia -o Haiyan- tocase terra na zona central de Filipinas, as comunidades afectadas polo desastre están a mostrar signos de recuperación e crecemento a longo prazo, como resultado do esforzo local, nacional e internacional.

No mes de xullo, as axencias humanitarias, entre as que se encontra UNICEF, seguindo a liña marcada polo Goberno de Filipinas, reorientaron o seu traballo pasando de entregar subministracións de emerxencia a construír sistemas sostibles que promovan o benestar dos nenos e reduzan o risco dun sufrimento similar no caso de que volvesen vivir un desastre.

"Debemos conservar os beneficios conseguidos para os nenos no último ano e lograr que as comunidades sexan máis resistentes ante futuros desastres", dixo Lotta Sylwander, representante de UNICEF en Filipinas. "Esta zona é propensa aos desastres naturais. Os nosos esforzos deben ir máis alá do prazo dun ano, para que calquera futuro desastre natural non teña como resultado o mesmo nivel de dano e devastación,".

supertifón Haiyan afectou a 6 millóns de nenos

O supertifón Haiyan tivo un efecto prexudicial na vida e nos medios de subsistencia dunhas 14 millóns de persoas, 6 dos cales eran nenos. Ao redor de 4 millóns de persoas foron desprazadas, incluíndo 1,7 millóns de nenos.

Durante os últimos doce meses, as intervencións de UNICEF intentaron crear comunidades e estruturas sociais máis fortes e resistentes, a través de alianzas creativas e actividades innovadoras. Isto inclúe:

  • Proporcionar apoio financeiro ás familias máis vulnerables: A través de transferencias incondicionais en efectivo, UNICEF apoiou 15.801 familias vulnerables con seis pagamentos mensuais de 100 dólares cada un. Como norma xeral, máis do 50 por cento desta axuda gastou en comida, asegurando a nutrición dos nenos. Outros gastos destináronse a educación, coidados sanitarios e refuxio.
  • Crear comunidades máis saudablesUNICEF apoiou ás comunidades para que cambien as súas prácticas de saneamento e xestionen os residuos, con 56 barrios (barangays) certificadas como zonas sen defecación ao aire libre.
  • Apoiar a inmunizaciónUNICEF traballou co Departamento de Saúde para priorizar a restauración e o fortalecemento do proceso da "cadea de frío", que é esencial para a distribución efectiva das vacinas. Ata a data, UNICEF axudou a reestablecer a cadea de frío en 150 instalacións de saúde afectadas (prevese axudar a 250) proporcionando material resistente aos desastres e climatoloxicamente intelixente. Como resultado destas melloras, durante a recente campaña de inmunización apoiada por UNICEF, ao redor de 1,3 millóns de nenos menores de cinco anos foron vacinados contra o sarampelo.

"Ata agora, os nosos esforzos e os dos nosos aliados salvaron vidas e fortaleceron os nenos", dixo a representante Sylwander. "Nun gran desastre como o Haiyan, é tamén importante recoñecer o que non fallou. Estamos moi orgullosos do feito de que -como resultado do traballo duro e un enorme apoio dende dentro do país e arredor do mundo- non houbo grandes brotes de enfermidades, nin cólera nin sarampelo, a pesar da devastación que causou o tifón, indicou.