Filipinas: os nenos celebran o novo ano escolar
Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España
A medida que o sol se levanta sobre o océano, o barrio de San Roque é un fervedoiro de actividade. Os nenos báñanse, almorzan e prepáranse para volver á escola, un gran día, só dous meses despois de que o tifón Haiyan arrasase o país.
"A nosa escola tiña 17 aulas", di Myra Salve, profesora en San Roque. "Só quedou unha tras o tifón e morreron 9 estudantes".
"Cando vin aescola destruída dous días despois dotifón, non perdín a esperanza", di Salve. "Eu sabía que alguén ía axudarnos.
Erguerémonos de novo".
"A miña profesora morreu
no tifón. Ela era unha segunda nai para min", di Michel Lerios, de 13 anos.
Tifón en Filipinas: empezando a recuperación
A campaña de Volta á Escola, para 500.000 nenos das zonas afectadas polo tifón, organizouse baixo o nomeeskwela balik ("volver á escola" na lingua Waray) e está dirixida polo Departamento de Educación e o Departamento de Benestar Social e Desenvolvemento, co apoio de UNICEF, das ONG internacionais e nacionais e outros socios locais.
O 2 de decembro tivo lugar unha "apertura suave" das escolas, para aquelas que estaban listas para comezar clases "informais". Dende decembro,UNICEF proporcionou materiais didácticos e recreativos para 500.000 nenos, ofrecendo3.000 espazos temporais de aprendizaxe, e instalacións de auga e saneamentopara 1.000 escolas.
"Estou feliz de volver á escola. A educación é importanteporque nos ensina a ler, escribir e respectar aos demais ", diRhonalyn Grabillo, de 13 anos.
Michel tamén aprecia o valor da educación para o seu futuro. "Ir á escola é importante porque fas amigos e te axuda a encontrar un traballo", asegura.
A escola primariaSan Roque está composta por dúas carpas e seis aulas improvisadas. Antes do tifón, a escola contaba con 750 alumnos e 16 profesores. Á chamada oficial de Volta á Escola, presentáronse pouco máis da metade dos alumnos. Moitos deles fóranse a outros lugares, como Manila e Cebú.
Protexer a os nenos a través da educación
Durante as emerxencias, os nenos nas escola poden ser atendidos nun ámbito de protección. Restablecendo unha rutina diaria e axudando a restaurar un sentido da normalidade, as escolas como a deSan Roque convértense enespazos terapéuticos no medio da destrución. Axudan ás familias a volver á súa independencia, brindando aos pais o espazo para organizar as súas vidas.
Para Marites Larios, a nai de Michel, este é un feito importante. "Non importa o forte que fose a traxedia que pasamos, os nosos fillos teñen que estar de volta na escola", di ela. "A educación é a única herdanza que lles podemos dar. Quero que Michel e os meus outros fillos estuden. Non quero que pasen situacións tan duras como as que vivín eu".
Aeducación é unha ferramenta poderosa para o cambio. Para Rhonalyn, Michel e os outros estudantes, é tamén o comezo dun futuro de esperanza e oportunidades.