Filipinas: 100 días despois do tifón Haiyán

Hoxe cúmprense 100 días do paso do desvastador tifón Haiyan/Yolanda por Filipinas. A Representante de UNICEF Filipinas, Angela Kearney, cóntanos o traballo que UNICEF desenvolveu xunto cos seus aliados neste tempo, centrándose nas áreas de educación e nutrición. Este labor non sería posible sen o apoio de miles de persoas, empresas e institucións.

 

"O tifónHaiyán ou tifónYolanda, como o chaman aquí, probablemente foi o maior tifón que azoutase esta terra, hai tres meses. E UNICEF estaba aquí inmediatamente despois. Afectou directamente a 5,9 millóns de nenos. Deles os 550.000 necesitabanvolver ao colexio moi rapidamente. UNICEF puido apoiarcolexios como este, para conseguir que os nenos volvesen ao colexio. Chamámolo "regreso á aprendizaxe". "As tendas de campaña que temos agora son as estruturas temporais das aulas, e serven para que os profesores poidan dar apoio psicosocial. Os profesores perderon as súas vivendas e as súas familias, pero regresaron ao seu traballo porque sabían que era verdadeiramente importante que os nenos volvesen ao colexio. Coa vosa xenerosa axuda, UNICEF puido proporcionar mochilas e subministracións escolares, foi capaz de levantar estruturas temporais como esta tenda, de prover de máis subministracións, de auga potable e saneamento(baños públicos, latrinas e baños nos colexios). Pero é moito máis que todo isto. A escola forma parte dacomunidade. A comunidade é a que acolle os nenos que perderon os seus pais e localiza as súas familias. Somos capaces de traballar rapidamente coa Policía para identificar osnenos separados das súas familias e, nalgúns casos, os nenos que perderon os seus pais. E, na maioría dos casos, conseguimos que algunhas familias acepten novos membros destes nenos. Para iso damos un apoio adicional a estas familias.

Emerxencia tifón Filipinas

Tamén nos preocupa a situación nutricional. Esta xa era unha área con carencias antes do tifón. UNICEF foi capaz de traballar co Departamento de Saúde e coas autoridades rexionais sanitarias e atendemos as emerxencias nutricionais. Todo neno con desnutrición aguda foi levado ao hospital e déuselle a nutrición extra que necesitaba. Necesitamos darlles alegría. Necesitamos facelos saber que a aprendizaxe é realmente algo positiva para as súas familias e para as súas comunidades. Doulles as grazas a todos e cada un de vostedes, e dígolles outra vez: estamos aquí; estabamos antes de que pasase,despois de que pasase e seguiremos estando".