FCB e UNICEF reforzan a súa alianza polos nenos

A Fundación FC Barcelona e UNICEF reforzaron o seu compromiso para mellorar as vidas de millóns de nenos a través do deporte e a educación, nun acto celebrado no estadio Camp Nou cun grupo de 75 nenos do Centro de Educación Infantil e Primaria Pegaso.

No encontro estaban presentes Ramon Pont, Vicepresidente da Fundación FCBarcelona; Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF e Marc Bartra, xogador do FCBarcelona. O FCB contribúe cada ano con 1,5 millóns de euros ao traballo de UNICEF co obxectivo de apoiar a educación dos nenos en 16.000 escolas de Brasil, China, Ghana e Sudáfrica. Grazas a esta colaboración prevese darformación a máis de 5.000 profesores e adestradores, así como integrar o deporte e os valores deportivos nos programas educativos. As escolas tamén recibirán materiais deportivos e contarán con mellores infraestruturas paraprogramas de educación física, deporte e xogo. "O FC Barcelona está moi comprometido no seu traballo con UNICEF para a difusión dunha mensaxe global sobre a importancia dos problemas que afecta á infancia e para a promoción da educación e o deporte" dixo Ramon Pont, Vicepresidente da FundaciónFC Barcelona.  

a importancia do deporte e o xogo 

UNICEF recoñece o papel fundamental do deporte e a actividade física nas vidas dos nenos. A participación dos mozos no deporte e o xogo contribúe ao seu desenvolvemento e pode ensinarvalores básicos e hábitos como a disciplina, o liderado, o traballo en equipo, a xustiza e o respecto aos outros. O deporte e o xogo tamén poden axudar a loitar contra a discriminación e a exclusión de grupos marxinados, incluíndo nenos con minusvalideces. "Todo o equipo de UNICEF está encantado coa alianza co FCBarcelona. A través deste acordo, UNICEF e o FCBarcelona teñen o compromiso de conseguir que millóns de nenos teñan a oportunidade de recibir educación e experimentar a alegría do deporte e de aprender valores positivos a través da educación física, o deporte e o xogo" comentouAnthony Lake, Director Executivo deUNICEF, durante a súa primeira visita ao FCB. O xogador Marc Bartra, Ramon Pont eAnthony Lakeresponderon ás preguntas dos nenos, que se interesaron acerca de UNICEF, os nenos doutros países, o fútbol e por que colaboran FCB e UNICEF.