Este Nadal, produtos solidarios nas tendas Claire's

Claire's Europa uniuse a UNICEF para que os clientes desta cadea de moda poidan colaborar cos programas de supervivencia e educación de UNICEF a favor dos nenos máis vulnerables.

Dentro da campañaLittle things make aBig Difference (Pequenas cousas marcan unha gran diferenza) iniciada en 2012, Claire's Europa puxo en marcha unha segunda acción solidaria, que busca aproveitar ao máximo a afluencia de clientes ás tendas Claire's enNadal. Como vía de colaboración, Claire's puxo á venda nas súas tendas de toda Europa unha gama de seis artigos de bixutería a favor deUNICEF. Esta gama de produtos solidarios, á venda dende o 14 de novembro e durante todo o período do Nadal, conta con pulseiras e colares deseñados especialmente para a ocasión, e os fondos conseguidos destinaranse aos programas de supervivencia infantil de UNICEF. Ademais, os clientes deClaire's poderán facer tamén unha doazón en caixa como complemento á compra destes produtos. "Estamos encantados de traballar cunha organización humanitaria como UNICEF e apoiar os nenos en todo o mundo", sinalou Melanie Berry, Director de Mercadotecnia para Claire's Europa.Uns 19.000 nenos morren ao día por causas evitables, como a desnutrición, a malaria, a diarrea e a pneumonía. Con esta iniciativa, os clientes de Claire's teñen a oportunidade de contribuír ao labor de UNICEF na prevención destas causas, con medidas como a vacinación, a prevención da desnutrición con sumplenteos de vitaminas, ou o tratamento con alimentos terapéuticos para os nenos que máis o necesitan.