Este Nadal podes levar un neno á escola con ING Direct e UNICEF

Este Nadal ING Direct lanza a iniciativa solidaria Lévaos á escola, a favor de UNICEF, para apoiar a educación dos nenos en países como Zambia, India ou Brasil.

Para colaborar só tes que entrar en www.llevalosalaescuela.com edescargarche a escola no teu móbil cunha pequena doazón (0,79 €). Nese momento, e colocando o teu móbil na pantalla, un neno sairá da web e entrará no teu móbil para ir á escola. Todos os beneficios obtidos por ING DIRECT irándestinados integramente a proxectos de educación de UNICEF.Entra en www.llevalosalaescuela.com e axúdanos a facer realidade o dereito á educación de todos os nenos do mundo.

ING Direct e UNICEF, unha alianza consolidada a favor da educación

Dende o ano 2005,ING Direct é un dos aliados Internacionais deUNICEF máis importantes. A través do seu programa global Chancesfor children colabora  con

proxectos a longo prazo de educación dos nenos en situación vulnerable.

Para Carina Szpilka, Directora xeral de ING DIRECT España, "ING Chances forChildren é un proxecto sumamente importante para nós e ao que dedicamos moito esforzo e ilusión. Estamos convencidos de que a educación é o mellor camiño para que os nenos poidan construírse un futuro mellor, unha visión que compartimos con UNICEF e que sen eles sería imposible levar a cabo,".  

Só en 2011, grazas ao apoio de ING, 375.000 nenos puideron asistir á escola primaria en Etiopía. EnIndia traballouse a calidade da educación en6.000 escolas; e en Sudáfricaimpartiuse formación sobre protección contra o VIH/SIDA a 2.000 profesores nun proxecto que beneficia a máis de 200.000 nenos. Pola súa banda, ING Direct España colabora co proxecto de escolarización de máis de 100.000 nenos en Zambia.