Escolas e hospitais, refuxios seguros para os nenos

UNICEF acolleu con entusiasmo a aprobación por unanimidade da Resolución 1998 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que outorga ás escolas e hospitais carácter de refuxios seguros para os nenos.

A resolución establece que se debe esixir ás partes responsables de ataques a escolas e hospitais que rendan contas das súas accións."Os ataques dese tipo non só constitúen violaciónsdo dereito internacional e humanitario, senón tamén violacións contra a nosa humanidade común", afirmouAnthony Lake, Director Executivo deUNICEF. "O Consello de Seguridade deu hoxe un paso moi importante cara áeliminación da cultura da impunidade e cara á protección dos nenos nas circunstancias nas que son máis vulnerables", engadiu.

Identificación dos responsables

A nova resolución establece que os ataques contra as escolas e os hospitais constitúen graves violacións dos dereitos da infancia. Así mesmo determina que os responsables deses actos de violencia deben ser identificados noinforme anual do Secretario Xeral sobre os nenos e os conflitos armados.Nese informe xa figuran os nomes das partes que cometen graves violacións: aqueles que recrutan e empregan menores nos conflitosarmados; os responsables dasmortes, feridas ou lesións de nenos; e osculpables de actos de violencia sexual contra eles.

En polo menos31 países de África, Asia, Europa, América Latina e Oriente Medio, as escolas son obxecto degraves ameazas ou branco de violentos ataques por parte das forzas de seguridade estatais e dos grupos armados non gobernamentais. Esas agresións teñen consecuencias desvastadoras para os nenos e as súas comunidades, xa que debilitan os sistemas de educación e atención da saúde e poden agravar as privacións da poboación e afondar as desigualdades.

A resolución esixe que as partes ás que se cualifique de infractoras elaboren plans de acción para dar resposta a esta situación e poñan fin ao recrutamento de menores e a outras graves violacións dos seus dereitos. Ademais de fortalecer o marco xurídico que faga posible unha resposta máis eficaz a esas infraccións, deberíanse facer maiores esforzos por ofrecer aos nenosámbitos seguros."Eses nenos teñen unha notable capacidade de recuperación e non necesitan a nosa compaixón", engadiu o Director Executivo deUNICEF. "O que necesitan é a protección do dereito internacional e máis apoio práctico. Por exemplo, programas que lles axuden a lograr un desenvolvemento pleno e a realizar achegas positivas ás sociedades nas que viven".