Encontro cos Consellos Municipais de Participación Infantil de Asturias

A Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, participou no Encontro cos Consellos Municipais de Participación Infantil de Asturias o 4 de decembro.

Neste encontro participaron representantes políticos municipais de sete concellos asturianos e nenos dos Consellos Municipais de Infancia dos Concellos de Belmonte de Miranda, Laviana, Avilés, Salas, Siero, Castrillón e Tineo, así como responsables técnicos e monitores destes Consellos. O obxectivo deste encontro eracompartir as experiencias extraidas polos nenos participantes noencontro de Málaga, e visibilizar e recoñecer as políticas de infancia que dende os concellos asturianos se está a facer en favor dos nenos. Ademais, contou co apoio do Observatorio da Infancia, pola Procuradora Xeral do Principado de Asturias e pola FundaciónAlimerka.  

Favorecer a participacion infantil

A Procuradora Xeral do Principado de Asturias, María Antonia Fernández-Felgueroso, foi a encargada de dar a benvida a todos os asistentes e aproveitou a ocasión para felicitar o labor que están a desenvolver os concellos asturianos para favorecer a participación infantil.
Ademais, interviñeron Antonio Blanco, Director da Fundación Alimerka; Anxo Naval, Presidente de UNICEF Asturias;Graciela Blanco, Directora da Axencia Asturiana de Cooperación ao Desenvolvemento da Consellaría de Benestar Social e Vivenda do Principado de Asturias e Consuelo Crespo, Presidenta de UNICEF España. O acto foi moderado por Carlos Becedóniz, Coordinador do Observatorio da Infancia.

 Os nenos tamén foron os protagonistas do acto e foron contando por grupos as súas experiencias durante o encontro en Málaga.Na intervención do seu grupo, a técnico responsable do Plan de Infancia de Siero, anunciou que, atendendo ás demandas dos rapaces e rapazas, os días 21 e 22 de decembro o Concello vai organizar o I Encontro de Consellos Municipais de Infancia de Asturias, ao que están invitados todos os que forman parte do Foro Municipal.