EMI 2014: todos os nenos e nenas contan

Todos os nenos e nenas contan. Revelando as disparidades para impulsar os dereitos da nenez. É o título do informe O Estado Mundial da Infancia (EMI) de 2014 en cifras, presentado hoxe por UNICEF e no que se insta a realizar un maior esforzo e impulsar a innovación para identificar e abordar as brechas que impiden que os nenos máis desfavorecidos de entre os 2.200 millóns que hai no mundo gocen dos seus dereitos.

 

 
Para UNICEF, éfundamental contar con datos para lograr avances para os nenos, así como poñer de manifesto oacceso desigual a servizos básicos e a sistemas de protección, algo que dana as vidas de tantos nenos.

"Os datos permitironsalvar e mellorar as vidas demillóns de nenos, especialmente dos máis desfavorecidos", dixo Tessa Wardlaw, xefe da sección de Datos e Análise de UNICEF. "Só se poderá progresar máis se sabemos que nenos son os máis desatendidos, onde hai nenos e nenas que non poden ir á escola, onde haienfermidades descontroladas ou onde faltasaneamento básico".
 

LOGROS e DESAFÍOS

Dende que en 1989 se asinou aConvención sobre os Dereitos do Neno lográronse grandes progresos, ao igual que no avance dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de 2015. OEMI 2014 en cifras, o informe anual máis importante de UNICEF, reflicte que:
  • Uns 90 millóns de nenos terían morto antes de cumprir os 5 anos se as taxas de mortalidade infantil se tivesen mantido nos niveis de 1990, pero sobreviviron. En boa medida, isto débese aos progresos realizados en ámbitos como a vacinación, a saúde ou os servizos de auga e saneamento.
  • As melloras nos niveis de nutrición dende 1990 produciron unha redución do 37% no número denenos con atraso do crecemento.
     
  • A matriculación de nenos en ensino primario aumentou, mesmo nos países menos desenvolvidos: mentres que en 1990 só 53 de cada 100 nenos neses países entraba na escola, en 2011 a cifra era de 81 de cada 100.
Aínda así, as estatísticas do informe tamén poñen o foco nas violacións de dereitos da infancia que se seguen producindo:
  • Uns 6,6 millóns de nenos menores de 5 anos morreron en 2012, a maioría debido a causasprevenibles, o cal viola o seu dereito fundamental a vivir e desenvolverse.

  • O 15%dos nenos do mundo teñen que traballar, comprometendo o seu dereito a ser protexidos da explotación económica e vulnerando o seu dereito a aprender e xogar.

  • O 11%das nenas casa antes de cumprir os 15 anos, poñendo en risco os seus dereitos á saúde, educación e protección.
Os datos tamén revelan brechas e desigualdades, mostrando que os logros conseguidos en desenvolvemento están distribuídos de xeito desigual:
  • Os nenos máis pobres do mundo teñen casetres veces (2,7) menos posibilidades que os máis ricos de nacerbaixo a atención de persoal cualificado, o cal os deixa a eles e ás súas nais en alto risco de sufrir complicacións relacionadas co parto.

  • EnNíxer, só o 39% dosfogares rurais -fronte ao 100% dos urbanos- tenacceso a auga potable.

  • En Chad, de cada 100 nenos que estuda secundaria só fano44 nenas. Isto déixaos sen educación, e sen os servizos e a protección que os colexios poden proporcionar.
El informe destaca que “contar con los niños les hace visibles, y este acto de reconocimiento hace posibleabordar sus necesidades y avanzar en sus derechos”. Además, señala que innovar en la recogida de datos, su análisis y su difusión posibilita desagregar los datos por factores como la ubicación, riqueza, sexo, etnia o discapacidad, para incluira los niños que han sido excluidos o ignorados en estadísticas más generales.
 

MAiOR INVEstimento EN INNOVACIÓn

O documento insta a realizar un maior investimento en innovación para corrixir o erro da exclusión. "A exclusión remata cando empezan a usarse datosinclusivos. Para mellorar o alcance, a dispoñibilidade e a fiabilidade dos datos sobre as privacións ás que se enfrontan os nenos e as súas familias, as ferramentas de recompilación e análise son modificadas constantemente -e estanse a desenvolver outras novas. Isto requirirá compromiso e un investimento continuado", di o informe.

Pasaron 30 anos dende que se empezase a publicar o Estado Mundial da Infancia, que inclúe táboas con estatísticas nacionais e globais estandarizadas, que ofrecen unha foto detallada dasituación da infancia. Co lanzamento desta edición do informe dedicada aos datos estatísticos, UNICEF invita aqueles que teñen a responsabilidade de tomar decisións e o público en xeral a acceder e utilizar estas estatísticas dispoñibles en www.data.unicef.org para fomentarcambios positivos para os nenos.

"Osdatos non cambian o mundo por si mesmos.Fan posible o cambio, identificando necesidades, apoiando a concienciación e medindo o progreso. O máis importante é que aqueles que toman decisións usen os datos para facer un cambio en positivo, e que os datos estean dispoñibles para que os nenos e as comunidades os utilicen como suxeitos de dereito".