Emerxencia en Filipinas: necesítanse 25,4 millóns de euros para os primeiros meses de traballo

O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, fixo un chamamento de fondos por valor de 25,4 millóns de euros (34 millóns de dólares) para prestar axuda aos catro millóns de nenos de Filipinas afectados polo tifón Haiyán que destruíu o arquipélago hai catro días.

Este chamamento é unha primeira estimación dos fondos necesarios para axudar á recuperación de nenos e familias, e espérase que sexa suficiente para cubrir as necesidades durante seis meses. Trátase dun chamamento especialmente urxente porque, segundo as primeiras informacións, moitas das rexións que foron golpeadas polo tifón non teñen electricidade, auga, comida e medicinas. "Cada día que pasa, miles de nenos estanse a quedar débiles e máis vulnerables ás enfermidades", dixo Tomoo Hozumi, representante de UNICEFen Filipinas. "O derrubamento dos sistemas de auga e saneamento e a destrución de casas e escolas son cousas que están a poñer aos nenos en situación dun risco enorme e necesitados de axuda urxente". Xa se distribuíron algunhas subministracións, incluíndo latrinas portátiles en Tacloban. Tamén está de camiño á zona un camión que transporta subministracións de hixiene (incluíndo xabón, deterxente e produtos de hixiene persoal) e material escolar e de xogo, moi necesarias nestas circunstancias para axudar á recuperación emocional dos nenos. Cada día vese con máis claridade a gran dimensión das necesidades que afrontan nenos e nais. Os servizos de auga, saneamento e hixiene foron practicamente arrasados, con canalizacións inundadas e sen electricidade, facendo imposible o bombeo e tratamento da auga. Ter auga segura é esencial para protexer os nenos de enfermidades que, unidas á desnutrición, poden ser mortais. Debido a que se destruíron moitos centros de saúde e clínicas de maternidade, os servizos de saúde estarán restrinxidos e haberá ameazas sobre todo de mortalidade materna e neonatal.

Calcúlase que uns 100.000 nenos menores de cinco anos e 60.000 mulleres embarazadas ou en período de lactación se viron desprazados por Haiyán. As interrupcións nas rutinas de alimentación materno-infantil, como a lactación materna, xunto cos danos aos sistemas de auga e saneamento puxeron os nenos máis pequenos en grave risco de desnutrición, especialmente en áreas con alto índice de pobreza nas que 2.000 familias xa estaban a loitar para sobrevivir. Calcúlase que 2,8 millóns de nenos en idade preescolar e escolar puideron perder os seus fogares. Na zona máis impactada da Rexión 8, Visayas Oriental, máis de 3.000 escolas e 2.400 centros de atención de día parece que foron afectados. A destrución de fogares e escolas durante os desastres, e o desprazamento masivo de comunidades e familias deixa os nenos en risco de abuso e explotación. Os recursos de UNICEF estaban ao límite mesmo antes do tifón. As 90 persoas que traballan paraUNICEF en Filipinas xa estaban a responder ao terremoto de Bohol que o pasado 15 de outubro afectou a 3,2 millóns de persoas. Antes do tifón Haiyán o chamamento de fondos deUNICEF en 2013 era duns 30 millóns de dólares (22,33 millóns de euros), e só o 13 por cento estaba cuberto. Esta petición adicional de 34,2 millóns de dólares (25,4 millóns de euros)eleva o total de necesidade de financiamento da axencia a 63,5 millóns de dólares (47,27 millóns de euros).

Respuesta de UNICEF:

UNICEF Filipinas está distribuíndo actualmente 10.000 paquetes de pastillas potabilizadoras de auga, 3.000 kits de hixiene e dúas unidades de tratamento de auga. . UNICEF en Copenhaguen enviou máis de 20 xeradores eléctricos para abastecer plantas de tratamento de auga. Enviáronse máis de 1.200 kits para analizar a calidade da auga e tamén bolsas de auga pregables. UNICEF adquiriu no país 10.000 kits de auga e 10.500 kits de auga de tamaño familiar, así como pastillas para potabilizar 6,3 millóns de litros de auga. . Os especialistas en hixiene de UNICEF proporcionarán asesoramento técnico sobre as alternativas máis apropiadas aos inodoros, así como sobre a eliminación segura dos residuos sólidos e líquidos, e tamén axuda para vixiar o estado da auga para evitar brotes de enfermidades.UNICEF tamén axudará a promover prácticas de hixiene destinadas ás mulleres que teñen o período, e construirá centros e espazos de aprendizaxe separados por sexos. . UNICEF está acelerando a distribución de 30 caixas de primeiros auxilios de emerxencia con capacidade cada un para atender as necesidades dunha poboación de 1.000 persoas durante tres meses. UNICEF tamén está a enviar ácido fólico e antibióticos para os adultos e os nenos. . A axencia poñerá en marcha centros de alimentación terapéutica para o tratamento da desnutrición aguda severa dos nenos. Xa están de camiño as caixas con alimento terapéutico (pasta de cacahuete) e 1,35 millóns de sobres de micronutrientes en po.

. UNICEF distribuíu 1.860 lonas impermeables - fabricadas con láminas de plástico reforzado- e 72 tendas de campaña que poden ser utilizadas como escolas e espazos seguros, mentres busca financiamento para establecer espazos de aprendizaxe seguros para que os nenos poidan seguir a súa xornada escolar e os pais poden estar seguras de que os seus fillos están a salvo durante o día. UNICEF axudará a poñer en marcha programas de recuperación psicosocial, que inclúe a formación de miles de mestres e traballadores de gardarías para que usen os xogos e as manualidades como forma de axudar aos nenos a superar o trauma que sufriron. . UNICEF está a traballar coas autoridades locais para identificar e rexistrar os nenos que puidesen ser separados das súas familias durante os desprazamentos.UNICEF tamén apoiará o fortalecemento das institucións públicas locais, incluídos os concellos e Consello de Barangay para asegurar o benestar dos nenos, xa que estas corporacións foron moi debilitadas durante as últimas emerxencias.