Nenos e nenas de 10 municipios de Galicia elaboran o Manifesto de Castrelo de Miño, documento que recolle as súas conclusións sobre as cuestións que lles afectan

O texto céntrase nos ámbitos de participación, educación, cambio climático, pobreza e protección.

Manifiesto de Castrelo de Miño, Galicia

24/07/2019

O Manifesto de Castrelo de Miño, elaborado no I Encontro galego de participación infantil e adolescente, recolle as preocupacións dos nenos e nenas da comunidade en cinco ámbitos que eles mesmos decidiron abordar: participación, educación, cambio climático, pobreza e protección con un enfoque transversal na igualdade de xénero:

  • Participación: piden ao goberno autonómico a creación de un Consello Galego de Participación Infantil e Adolescente que lles permita realizar propostas en temas globais que afecten aos nenos e nenas de toda a comunidade. Os 50 nenos e nenas participantes elaboraron un rap para trasladar á sociedade a necesidade de facer efectivo o seu dereito á participación.
  • Educación: demandan unha educación baseada nos principios de respecto, diversidade e non discriminación. Defenden a igualdade de oportunidades e a necesidade de infraestruturas adecuadas e adaptadas para todos e todas.
  • Cambio climático: fan un chamamento á implicación de toda a sociedade, xa que consideran que é unha cuestión que nos involucra a todos nós, instando a tomar novas medidas e mais sostibles para afrontar o desafío.
  • Pobreza: propoñen a creación de fundacións que asistan ás persoas sen recursos ou en risco de exclusión, así como a realización de mais eventos benéficos e solidarios para recadar fondos.
  • Protección: reflexionan sobre temas como o bullying e o ciberbullying, indicando a necesidade de revisar os protocolos escolares ao respecto, proporcionar a orientación mais adecuada a quen o padecen, así como formación específica para o profesorado. Resaltan tamén a importancia da no discriminación pola orientación sexual.

As súas propostas, enmarcadas no 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, pretenden ser un paso mais cara unha sociedade xusta e igualitaria en relación cos seus dereitos

Descargar Manifesto

Solo nos faltas tú para seguir salvando la vida de muchos niños

Elige ahora tu aportación

¿Sabes que puedes recuperar hasta un 80% de tus aportaciones? Más info

Si prefieres, contacta con nosotros en el 900 907 074 de lunes a viernes de 9:00h a 21:00h y sábados de 11:00h a 17:00h | [email protected]

El Manifiesto de Castrelo de Miño recoge las preocupaciones de los niños y niñas de Galicia