Ébola en África: a auga limpa e o cloro, vitais para frear a epidemia

Dende UNICEF estamos a dobrar o esforzo para responder á emerxencia que creou o  ébola en África. 

En Monrovia, a capital de Liberia, estamos a construír unha nova unidade de tratamento contra o ébola xunto ao ministerio de Saúde do país.

Dende alí, o noso compañeiro Michael Forson, especialista en auga e saneamento de UNICEF en Liberia, explícanos a importancia de contar con auga limpa e cloro para frear o avance da epidemia.

A falta de auga complica a prevención do virus e favorece os contaxios, por iso, estamos a instalar tanques con cloro en todas as instalacións.

Forson tamén nos conta como funci
ona e todo o que supón este centro para aliviar a carga do resto de espazos sanitarios da cidade que están saturados.