easyJet asóciase con UNICEF para salvar vidas de nenos

easyJet alíase con UNICEF a través da iniciativa Change for good que permitirá aos pasaxeiros que voen con easyjet este verán apoiar o traballo de UNICEF.

Esta iniciativa ponse en marcha en toda a rede europea de easyJet, o cal supón 600 rutas en 30 países. Os pasaxeiros poderán depositar as súas moedas na bolsa Change forgood ao saír nos máis de 1.200 voos diarios que operará a aeroliña. Os fondos obtidos a través das doazóns dos pasaxeiros deeasyJet irán destinados a apoiar o traballo de UNICEF para os nenos de todo o mundo.Carolyn McCall, CEO de easyJet, afirma: "Estamos seguros de que millóns dos nosos pasaxeiros avalarán esta iniciativa que foi creada para conseguir unha gran cantidade de diñeiro que poida axudar a UNICEF na súa misión de salvar as vidas de miles de nenos de todo o mundo". "Todos en easyJet, comezando por min mesma e a nosa tripulación, pilotos e enxeñeiros están implicados nesta causa equeremos dar as grazas por adiantado aos nosos pasaxeiros polo seu apoio", engade. Estamos encantados de traballar con easyJet para que xuntos poidamos salvar as vidas de moitos nenos desfavorecidos de todo o mundo. Coa xenerosidade e apoio dos pasaxeiros de easyJet,UNICEF será capaz de axudar a miles de nenos con pequenas intervencións que poden salvar as súas vidas e axudalos a prosperar, explica Leila Pakkala, Directora de Captación de Fondos Privados e Asociacións de UNICEF.Change for goodlevarase a cabo en todos os voos de easyJetdurante os picos das tempadas de verán e inverno.

Cada día morren máis de 4.000 nenos por causas que se poden previr, por enfermidades como o sarampelo, a polio ou a malaria.UNICEF traballa para reducir a mortalidade infantil levando a cabo programas de saúde, nutrición, auga e saneamento.    
 
 

  • Con 1,25 euros provese das vacinas necesarias para protexer un neno de seis enfermidades mortais.  
  • Con 5 euros doados nas bolsas "Change for good" contribúese para facilitar unha mosquiteira especial que protexe un neno e a súa familia da malaria ata 5 anos.