Día Mundial da Alimentación: 2,8 millóns de nenos morren ao ano por desnutrición

No Día Mundial da Alimentación, dende UNICEF Comité Español recordamos que a desnutrición está detrás da metade das mortes infantís que se producen cada ano, e que se poden evitar.

Nas últimas décadas, o mundo logrou importantes avances en relacionada coa desnutrición crónica, que se reduciu case un 40% dende 1990.

Non obstante, aínda morren preto 2.800.000 nenos ao ano por causas que teñen que ver coa desnutrición.

Hai que seguir traballando para salvar as vidas destes nenos, cuxa morte se podería evitar proporcionándolles unha alimentación axeitada.
 

Agora non podemos parar de salvar vidas

Para seguir avanzando na loita contra a mortalidade infantil, puxemos en marcha a campaña Agora non podemos parar coa que queremos recordar que con medidas tan sinxelas como unha nutrición axeitada, vacinas ou auga potable podemos salvar miles de vidas.

Sen unha determinada cantidade e calidade de nutrientes non se poden asegurar as condicións de vida necesarias para que os nenos se desenvolvan de forma saudable. A desnutrición crónica afecta nestes momentos a 162 millóns de nenos en todo o mundo, que sufrirán importantes consecuencias se non se actúa rápido.

Un neno que non recibe os alimentos axeitados, terá máis dificultades no seu proceso formativo, o que dificultará o seu desenvolvemento futuro. Para evitar que isto aconteza, é esencial intervir nos seus dous primeiros anos de vida, o que se coñece como os 1.000 días críticos.

En UNICEF, a nutrición é unha da nosa prioridades de traballo. En 2013, proporcionamos tratamento contra a desnutrición aguda grave a 2,4 millóns de nenos en emerxencias.
 

QUe PoDES fACER Ti PARA FREAR A MORTALIDADe INFANTIL?

Para contribuír ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:

  • Facer unha doazón online
  • Enviar un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
  • Facer un donativo por teléfono no 902 31 41 31
  • Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o noso kit de superviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es