Día Mundial contra a Pneumonía: 940.000 nenos morren cada ano, por iso agora NON podemos parar

A mortalidade infantil por pneumonía baixou, o que demostra que as estratexias para vencer a enfermidade están a funcionar. Non obstante, aínda queda moito por facer para evitar que centos de miles de nenos morran debido a esta enfermidade previble cada ano.

En 2013, por primeira vez en máis dunha década, a pneumonía non foi a primeira causa de morte entre nenos menores de cinco anos, converténdose na segunda despois as complicacións derivadas de nacementos prematuros, segundo cifras publicadas por UNICEF recentemente.

A taxa por pneumonía segue sendo alta -representando o 15% das mortes ou 940.000 nenos ao ano- pero as mortes pola enfermidade reducíronse un 44% dende o ano 2000.

a pneumonía é a segunda causa de morte entre nenos menores de 5 anos

"A pneumonía segue sendo unha enfermidade perigosa -mata máis nenos menores de cinco anos que o VIH/SIDA, a malaria, as feridas e o sarampelo xuntos- e aínda que as cifras están a descender, con case un millón de mortes ao ano, non hai espazo para a autosatisfacción", explica Mickey Chopra, xefe dos programas de saúde de UNICEF. "A pobreza é o maior factor de risco e iso implica que os nosos esforzos teñen que alcanzar a todos os nenos, non importa cal sexa a súa situación".

As mortes por pneumonía son máis altas en comunidades rurais pobres. A contaminación do aire nos fogares é unha importante causa de pneumonía, polo que os nenos que viven en casas onde se utilizan combustibles sólidos como a madeira, esterco ou carbón para cociñar ou quentar, corren un alto risco. Os fogares masificados tamén contribúen a aumentar os niveis de pneumonía. Ademais, os nenos pobres teñen menos probabilidades de estar inmunizados contra o sarampelo e a tose ferina, que se encontran tamén entre as principais causas da enfermidade.

a pobreza é o maior factor de risco

O diagnóstico temperán e tratamento da pneumonía, así como o acceso aos coidados sanitarios, salvan vidas, polo que as estratexias deben estar centradas nas comunidades de baixos ingresos.

O aumento do uso das vacinas contra a pneumonía, particularmente nos países de baixos ingresos, levou a alcanzar progresos contra a enfermidade, pero as desigualdades existen mesmo en países con ampla cobertura.

"Pechar a brecha do tratamento entre os desfavorecidos e os acomodados é esencial para reducir as mortes por pneumonía previbles", explica Chopra. "Canto máis nos centremos nas causas e as solucións coñecidas, máis rápido controlaremos este azoute para a infancia".

Un sinxelo tratamento tivo grande éxito: traballadores da saúde comunitarios dan aos nenos amoxicilina nun formato de pastilla amigable para os nenos, como parte dun programa de xestión integral de casos a nivel comunitario.

Outras medidas sinxelas como a alimentación exclusiva con leite materno, o lavado de mans con xabón, a vacinación e a provisión de micronutrientes tamén reducirán a incidencia da pneumonía.

QUe PoDES fACER Tí PARA FREAR A MORTALIDADe INFANTIL?

Para contribuír ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:

  • Facer unha doazón online
  • Enviar un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
  • Facer un donativo por teléfono no 902 31 41 31
  • Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o noso kit de superviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, [email protected]. Información legal e protección de datos: www.unicef.es