Día internacional dos nenos vítimas Inocentes de agresión: 6 países onde os nenos sofren a violencia

A violencia e os conflitos armados esgazan a vida de millóns de nenos. Hoxe celébrase o Día Internacional dos Nenos Vítimas Inocentes de Agresión, unha xornada para recoñecer a dor que sofren os nenos en todo o mundo que son vítimas de maltratos físicos, mentais e emocionais.

En total, son máis de 230 millóns de nenos (1 de cada 10) os que viven actualmente en zonas afectadas por conflitos armados. Sirya, Iemen, República Centroafricana, Sudán do Sur ou Nixeria son só algúns dos países que maior sufrimento infantil concentran debido á violencia.

Dende UNICEF traballamos para protexer os nenos, podes
apoiar o noso traballo

230 millóns de nenos viven en zonas afectadas por conflitos armados

Sirya: durante os últimos 4 anos, os nenos foron testemuñas todos os días da violencia e da morte, e tiveron que acostumar a vivir sen os elementos máis básicos. Uns 14 millóns de nenos da rexión sofren as consecuencias dos cada vez máis intensos combates. 5,6 millóns de nenos que sofren situacións extremas dentro de Sirya: pobreza, desprazamento e estado de sitio e 2 millóns de nenos máis vense obrigados a vivir como refuxiados en Líbano, Xordania, Iraq, Turquía, Exipto e outros países do norte de África.

Iemen: a situación empeora por momentos e o grave conflito que vive o país pon en perigo a vida de case 8 millóns de nenos. 153 nenos morreron dende que comezaron os bombardeos e 260 sufriron mutilacións. Ademais, os nenos están a ser recrutados e utilizados polos grupos armados. Os enfrontamentos tamén pecharon as escolas de moitas poboacións e deixaron sen educación 1,83 millóns de nenos.

Nixeria: os ataques de grupos armados intensificáronse nos últimos meses, provocando que máis de 1 millón de persoas no nordés tivesen que fuxir dos seus fogares. Moitos nenos quedaron separados das súas familias. Sen a protección das súas familias, estes nenos teñen maior risco de explotación e poden ser captados por grupos armados. Ademais, en polo menos tres cuartas partes dos 27 ataques suicidas rexistrados de xaneiro a maio deste ano no nordés de Nixeria foron utilizados mulleres e nenos. Menores foron utilizadas para detonar bombas ou cintos con explosivos en lugares concorridos como mercados e estacións de autobuses.

Sudán do Sur: dende este pasado mes de maio, os ataques intensificáronse e decenas de nenos foron asasinados, foron vítimas de violacións ou secuestrados. Preto de 13.000 nenos foron recrutados por grupos armados de ambas as dúas partes e uns 200.000 nenos quedaron fóra da escola. Ademais, o número de nenos que afrontan unha inseguridade alimentaria grave debido aos combates case duplicouse dende o comezo do ano. 1 de cada 3 nenos sofre desnutrición nas zonas máis castigadas pola violencia. A situación, ademais, pode empeorar coa chegada da tempada de chuvias.

República Centroafricana: Máis de dous anos despois do inicio do conflito, 2,7 millóns de nenos sofren as consecuencias desta crise. Uns 900.000 nenos víronse obrigados a abandonar os seus fogares. Ademais, estimamos que actualmente hai entre 6.000 e 10.000 nenos asociados ás faccións armadas do país. Os nenos son obrigados a servir como combatentes, utilizados con fins sexuais e a traballar como cociñeiros, mensaxeiros e noutras funcións

Podes apoiar o noso traballo para protexer máis nenos afectados pola violencia