Día Internacional da Nena

Por primeira vez conmemórase o Día Internacional da Nena, recordando que a educación é a mellor forma de erradicar o matrimonio infantil

Con motivo do primeiro Día Internacional da Nena, UNICEF e os seus aliados destacan os esforzos conxuntos realizados para erradicar o matrimonio infantil, unha violación dos dereitos humanos fundamentais que afecta a todos os aspectos da vida das nenas.

No mundo,case 400 millóns de mulleres de entre 20 a 49 anos, máis do 40 por cento, casaron sendo menores de idade.As estatísticas máis recentes de UNICEF indican que aproximadamente 70 millóns de mulleres novas de 20 a 24 anos, case 1 de cada 3, casaron antes de cumprir os 18 anos. Destas, 23 millóns casáronse antes de cumprir os 15.A proporción de nenas casadas diminuíu nos últimos 30 anos, pero o matrimonio infantil persiste en taxas elevadas en varias rexións do mundo, particularmente nas zonas rurais e entre os máis pobres.Algunhas das nenas que se casaron pertencen aos grupos máis marxinados e vulnerables da sociedade. Estas nenas adoitan estar illadas, afastadas dos seus familiares máis próximos, fóra da escola e sen poder interactuar cos seus pares e as súas comunidades. O matrimonio infantil expón as nenas a embarazos precoces e non desexados, o que representa un risco con consecuencias que poden ser mesmo mortais. As mortes maternas relacionadas co embarazo e o parto son un compoñente importante da mortalidade de nenas de entre 15 e 19 anos en todo o mundo, o que representa unhas 50.000 mortes cada ano. Por outra parte, as rapazas de entre 10 e 14 anos de idade teñen cinco veces máis probabilidades que as mulleres de 20 a 24 de morrer durante o embarazo e o parto. A experiencia demostra que en contextos tan diversos comoBangla Desh, Burkina Faso, Djibouti, Etiopía, India, Níxer, Senegal e Somalia, a combinación de medidas legais e o apoio ás comunidades con medidas alternativas, especialmente en materia educativa, ofrece resultados positivos, permitindo ás comunidades dialogar e tomar decisións de xeito colectivo para poñer fin ao matrimonio infantil.

a educación é a mellor forma de erradicar o matrimonio infantil

"O matrimonio infantil a miúdo pode provocar o fin da etapa educativa da nena. Nas comunidades onde prevalece esta práctica, casar cunha nena forma parte dun conxunto de normas sociais e actitudes que reflicten o escaso valor outorgado aos dereitos humanos das nenas ", dixo Anju Malhotra. A educación é unha das estratexias máis eficaces que existen para protexer os nenos contra o matrimonio. Cando as nenas son capaces de permanecer na escola tamén pódese producir un cambio de actitude con respecto ás súas oportunidades na comunidade. "O Día Internacional da Nena pon de manifesto anecesidade de colocar os dereitos das nenas no centro do desenvolvemento", dixo Anju Malhotra, Responsable da Sección de Xénero e Dereitos deUNICEF. "Nacións Unidas e os seus aliados únense para mostrar os incribles progresos realizados e poñer de relevo os retos actuais" engadiu. Baixo o lema A miña vida , o meu dereito, elimina o matrimonio infantil, levaranse a cabo en todo o mundo unha serie de eventos e accións destinados a chamar a atención sobre esta cuestión de grande importancia. Na sede daONU en Nova York, o arcebispoDesmond Tutu, xunto a UNICEF, UNFPA eONU Mulleres, participará nun debate acerca das formas nas que gobernos, sociedade civil, axencias daONU e o sector privado poden unirse para acelerar a redución do matrimonio infantil. En Malawi, celebrarase un debate parlamentario sobre esta temática e en Uganda os mozos utilizarán mensaxes de texto para dialogar abertamente. En colaboración con gobernos, sociedade civil e axencias, fondos e programas da ONU, UNICEF está a sentar as bases para poñer fin ao matrimonio infantil en todo o mundo. En 2011, 34 oficinas da organización puxeron en marcha iniciativas centradas na erradicación do matrimonio infantil a través de medidas que incentiven un cambio social e económico, así como unha reforma legal nos países.  

Disminución do matrimonio infantil en India

En India, un dos países do mundo con maior número de nenas que casan antes de cumprir 18 anos, o matrimonio infantil diminuíu a nivel nacional, []

caendo en case todos os estados dun 54% (1992-1993) a un 43% (2007-2008), aínda que o ritmo de diminución é lento.

 Nese país, UNICEF impulsou a aprobación da Lei de prohibición do matrimonio infantil de 2006, e dende entón apoiou o desenvolvemento e posta en marcha dunha estratexia nacional sobre esta temática, que ten como obxectivo coordinar os programas e políticas para abordar tanto as causas coma as consecuencias do matrimonio infantil.

 UNICEF participou no desenvolvemento, de xeito individualizado, dos plans de acción levados a cabo en cada estado e apoiou a creación de clubs de nenas e outros colectivos, que recibiron información sobre dereitos de infancia e recibiron adestramento para traballar con comunidades co fin de fomentar a eliminación do matrimonio infantil. "A través de compromisos globais, a acción da sociedade civil, as lexislacións e as iniciativas individuais, as nenas poderán crecer nun ambiente seguro e produtivo", dixo Malhotra. "Debemos acelerar os progresos e dedicar recursos para que as nenas poidan reclamar os seus dereitos e alcanzar o seu máximo potencial".