Cun pé en Mauritania

Por Diana Valcárcel, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España  

Mañá pola tarde embarcamos a Mauritania. Hai moitas cousas prácticas que preparar antes dunha viaxe, pero sobre todo ter ben esperta a cabeza e os cinco sentidos abertos para absorber a realidade e as persoas que imos coñecer aí.

Chegamos a un país que, xunto con outros 8 da zona do Sahel, está a sufrir unha grave crise nutricional á que se suma a chegada de 64.000 refuxiados de Malí. Hai 700.000 afectados por esta crise no país e 35.000 nenos sofren desnutrición aguda global. Esas cifras arrepíannos. Viaxo con Gonzalo Fanjul, consultor e investigador en pobreza e cooperación internacional. O noso obxectivo é coñecer osresultados das intervencións que se fan en materia de nutrición utilizando un marco multisectorial e o enfoqueREACH (Iniciativa para poñer fin á fame e a desnutrición entre os nenos, nas súas siglas en inglés). E dentro dese obxectivo amplo, mostrarannos o fortalecemento da formación do persoal de saúde en nutrición e o crecemento do coñecemento desta materia por parte dos médicos. Acompañaranos na viaxe Inés Lezama, experta en nutrición de UNICEF Mauritania. O outro día comentábanos que o feito de que anutrición fose unha materia que se estuda recentemente na facultade de Medicinae nos centros de estudos de saúde, está a sentar unhas bases sólidas no país para loitar contra a desnutrición.UNICEF e o Ministerio de Saúde traballaron xuntos para conseguir isto. Dende aí Gonzalo e eu contarémosvos que resultados concretos vemos cos nosos ollos. Será un privilexio poder velo e transmitilo, e comprobar de novo o labor transformador de UNICEF e os seus aliados paramellorar a vida dos nenos.