Crise en Sirya: aumentan as necesidades dos nenos

UNICEF está traballando para cubrir as necesidades sanitarias e nutricionais de arredor 1,3 millóns de nenos afectados pola crise en Sirya, incluíndo os que están no país e os que fuxiron a países veciños. Como parte deste traballo que se realiza a nivel rexional, miles de nenos sirios están a ser monitorizados para previr novos casos de desnutrición .

O seguimento nutricional estase a levar a cabo no campamento de refuxiados de Za'atari, no norte de Xordania, de xeito paralelo a unha campaña de vacinación semanal. UNICEF e o Ministerio de Sanidade, en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) e axencias aliadas, tamén lanzarán a grande escala unha campaña de vacinación contra a polio e o sarampelo que pretende chegar a máis de 100.000 nenos en Za'atari, centros de tránsito próximos e comunidades do norte de Xordania que aloxen refuxiados.

“os nenos son máis vulnerables a brotes de enfermidades e á desnutrición”

"O conflitointerrompeu os servizos sanitarios en toda Sirya, polo que a maioría dos nenos refuxiados e as súas familias non tiveron acceso a vacinacións rutineiras nin a outros servizos sanitarios básicos" afirma Mahendra Sheth, Responsable Rexional de Saúde de UNICEF en Oriente Medio. "Este traballo é vital porque durante unha crise os nenos son máis vulnerables a brotes de enfermidades e á desnutrición, especialmente os nenos que viven en campamentos como o de Za'atari. " No medio dunhas condicións extremadamente difíciles, UNICEF e os seus aliados locais tamén están a apoiar as familias aloxadas en escolas de Damasco, subministrándolles atención médica. Vanse preparar oito equipos médicos móbiles para chegar a unhas 175.000 persoas en moitas das zonas máis afectadas polo conflito actual en Aleppo, Damasco, Dara'a, Hama eHoms. Vanse intensificar tamén os controis rápidos que teñen como obxectivo monitorizar a situación nutricional dos nenos que viven en Damasco e en zonas rurais desa cidade.  

  
Tamén se está a vacinar e monitorizando o estado nutricional de nenos menores de cinco anos enLíbano, onde hai 40.000 refuxiados, eIraq, onde se encontran uns 15.000. "Están a aumentar as necesidades sanitarias e nutricionais dos nenos sirios que se encontran en toda a rexión, polo que debemos actuar agora para asegurarnos de que reciben protección," afirma a Directora Rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África, Maria Calivis.UNICEF solicitou á comunidade internacional máis fondos para os programas de emerxencia relacionados co acceso a auga, saneamento, educación, saúde e nutrición, cos se está apoiando decenas de miles de nenos sirios e as súas familias, tanto en Sirya coma en países veciños.