Crise e dereitos humanos

O xoves 13 de decembro celebrouse o encontro Avogacía, Crises e Dereitos Humanos, que reuniu organizacións e representantes de organismos da avogacía para debater a situación dos dereitos humanos no contexto de crise actual.

O Presidente do Consello Xeral da Avogacía Española, Carlos Carnicer e a valedora do pobo, Soledad Becerril foron os encargados de abrir o evento no que interveu a Directora Executiva de UNICEF España, Paloma Escudero, na mesaCrise e dereitos humanos en España.Paloma Escudero sinalou que "non podemos permitir que os axustes recaian sobre as costas dos máis vulnerables",recordando as palabras pronunciadas polo Secretario Xeral de Nacións Unidas, Ban Ki-moon. "Agora estamos a pedir ás institucións que non se tomen medidas sen que antes se tivese en conta o impacto que van ter sobre a infancia. As medidas xa foron suxeridas polo Comité sobre os Dereitos do Neno no seu último informe sobre España. A recuperación da crise ímola facer entre todos", engadiu. Nesta mesa participaron tamén Esteban Beltrán, Director de Amnistía Internacional, Sebastián Mora, Secretario xeral de Cáritas, Ana Sastre, Delegada de Dereitos Humanos de Cermie moderou Jesús López-Medel, expresidente da Comisión de Dereitos Humanos da OSCE, avogado do Estado e patrón da Fundación da Avogacía Española. Para Esteban Beltrán: "a historia da crise económica é a historia da indefensión da xente. Os servizos sociais proporciónanse e pódense quitar; os dereitos humanos, non porque pertencen á xente". Neste sentido, Sebastián Mora, Secretario Xeral de Cáritas avogou por "o enfoque de dereitos", o cal nos leva a recoñecer que o quese está a esvaecer é a fronteira da dignidade humana. Estase a colonizar o imaxinario social que sustenta que é posible e desexable que haxa persoas con menor dignidade que outras". O encontro tamén contou coa participación de Juan Antonio Cremades, Presidente Honorífico daUIA; Aldo Bulgarelli, Vicepresidente Segundo do CCBE; Javier Diago, Secretario Xeral da FBE; Dominique Attias, membro da Comisión de Relacións Internacionais da CNB; Catherine St. Geniest, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de París; Almudena Bernabéu, avogada e Vicepresidente da Asociación pro Dereitos Humanos en España; Mariano Durán, Presidente da Comisión de Relacións Internacionais do Consello Xeral da Avogacía Española na mesa Avogacía, Crise e Dereitos Humanos, moderada por Antonio Garrigues Walker, Presidente de Garrigues Abogados.