Crise de Sirya: campaña contra o brote de polio

Case 10 millóns de nenos de Oriente Medio serán vacinados contra a polio este mes. Os primeiros serán os de Exipto, Iraq, Xordania e Sirya.

 

Tras esta campaña de vacinación masivacomezará outra en Líbano. O obxectivo é atallar a reimportación do poliovirus salvaxe de orixe paquistaní en Sirya. O 28 de outubro de 2013 o Ministerio de Saúde de Sirya anunciou que a polio volvera ao país por primeira vez en case 15 anos. "Necesitamos poñer dúas gotas da vacina contra a polio na boca de todos os nenos menores de cinco anos, independentemente da súa historia previa de vacinación, cada vez que hai unha campaña", afirma Khouzama ao-Rashid, empregado médico dun centro de saúde en Damasco rural, Sirya. "Se podemos facer iso, o virus non poderá infectar a un só neno, e poderemos poñer fin a estaenfermidade". Dende que se detectou o brote de poliomielite realizáronse tres roldas de vacinación en Sirya. Sete países de Oriente Medio teñen previstovacinar máis de 22 millóns de nenos en distintos momentos durante seis meses. É o plan de vacinación máis grande xamais coordinado na rexión. "Vacinar tantos nenos en diferentes países é unha tarefa enorme", explica Maria Calivis, directora rexional de UNICEF para Oriente Medio e o Norte de África. Pero é "o único xeito de garantir que os nenos da rexión están axeitadamente protexidos contra esta terrible enfermidade. " A seguridade dos nenos en todo Oriente Medio depende "de que sexamos capaces de poñer fin á polio en Sirya, porque a polio non respecta fronteiras," segundo Ala Alwan, director rexional da Organización Mundial da Saúde para o Mediterráneo Oriental.

Crise de Sirya: hai que protexer a os nenos

Dende decembro de 2013 vacinouse contra a polio a 2,7 millóns de nenos dentro de Sirya. O acceso de todos os nenos a servizos de saúde é unha das prioridades de UNICEF, así como o acceso á educación e a protección dos nenos afectados polo conflito. Por iso UNICEF e outrasorganizacións alzaron a súa voz polos nenos de Sirya para pedir á comunidade internacional o fin da violencia contra os nenos, o desbloqueo da axuda humanitaria e o fin dos ataques contra traballadores e instalacións humanitarias. Tamén pedimos máis investimento en educación e protección para que os nenos poidan superar o trauma de case 3 anos de guerra e violencia. Se ti tamén queres sumarte á nosa petición podes facelo asinando aquí.