Crise de Sirya: axuda para os nenos desprazados en Anbar

UNICEF distribuíu subministracións de emerxencia para os nenos e mulleres que se encontran desprazados debido á violencia na provincia de Anbar (Iraq). É o terceiro envío de axuda humanitaria, que forma parte dunha resposta conxunta en colaboración co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e a Organización Internacional para as Migracións (OIM).

 

Máis de 40.000 nenosnecesitan apoio urxente. Están en zonas de acceso restrinxido. "É imprescindible distribuír subministracións esenciais. Bens e artigos para ter auga potable e segura, hixiene, nutrición axeitada ecoidados médicos para os máis vulnerables, e evitar así unha traxedia maior", dixo Marzio Babille, representante de UNICEF en Iraq.A violencia que se vive na provincia deAnbar desprazou máis de 62.000 familias dende principios de ano. Miles de familias máis están afectadas. En Fallujah,Ramadi e arredores a seguridade, as infraestruturas e os servizos básicos deterióranse continuamente. Por iso os nenos vulnerables e as súas familiasafrontan agora problemas graves: reservas baixas de alimentos, un acceso pobre a auga segura ou niveis de saneamento perigoso. Ademais enfróntanse á suspensión das clases e a un acceso limitado a servizos de saúde.UNICEF ten como prioridade nesta área o apoio ás autoridades para distribuír axuda aos nenos e mulleres afectados pola violencia de Anbar. Énecesario, explica Babille, "un corredor humanitarioestable e seguro".

Crise de Sirya: unha resposta para os desprazados

Ata o momento UNICEF e os seus aliados distribuíron preto de 500 toneladas de axuda a 90.000 mulleres e nenos afectados. Entre estes artigos esenciais hai xabón, comprimidos para purificar auga, mantas e kits de hixiene para bebés. Outras 300 toneladas de artigos distribuiranseesta semana. As persoas desprazadas encóntranse en escolas, mesquitas e institutos. Para mellorar a súa situación UNICEF transportou 96.000 litros de auga potable por día. Tamén se instalaron latrinas e tanques para almacenar auga, e distribuíronse produtos e tratamentos para poder purificala. Dende o inicio do conflito de Sirya, máis de 2,6 millóns de persoas fuxiron aos países veciños. EnIraq hai 217.000 persoas refuxiadas que, como os afectados de Anbar, necesitan unha resposta urxente.