Crise de Sirya: a axuda humanitaria chegará a 2,9 millóns de persoas máis

A resolución 2165 do Consello de Seguridade sobre acceso humanitario en Sirya permitirá chegar a UNICEF e outras axencias humanitarias a 2,9 millóns de persoas máis con axuda vital.

Esta resolución representa un grande avance nos nosos esforzos por levar a axuda aos sirios que a necesitan.

Como parte da nosa resposta á continua crise en Sirya, xa preparamos subministracións para os primeiros convois transfronteirizos, que inclúen mantas, materiais de potabilización de auga, kits de hixiene e xiringas.

En Sirya, preto de 11 millóns de persoas necesitan axuda humanitaria de xeito inmediato. Debemos facer todo o que poidamos para axudarlles, para levar axuda polas rutas máis directas, xa sexa a través de fronteiras ou a través das zonas en conflito, e esta resolución axudaranos a conseguilo.

Se ben esta resolución aborda un dos desafíos, moitos outros permanecen sen atender. Gran parte de Sirya é zona de guerra polo que a distribución de axuda é moi complicada. Hai que realizar complexos procedementos administrativos antes de permitir que os convois viaxen dun lugar a outro. Custa unha enorme cantidade de diñeiro levar a axuda a tantas persoas, e é difícil obter fondos.

Reiteramos os chamamentos do Secretario Xeral de Nacións Unidas e das axencias do sistema da ONU a todas as partes no conflito e aos que teñen influencía sobre eles para permitir o acceso incondicional de axuda humanitaria para todas as persoas que o necesitan, sen discriminación, utilizando todas as rutas dispoñibles.

Crise en Sirya: que  logramos ata agora?

Estes son algúns dos resultados conseguidos por UNICEF e os seus aliados en favor dos nenos e as súas familias dende principios de 2014:

  • 434.954 persoas afectadas polo conflito con acceso a auga potable a través de solucións temporais
  • 2,9 millóns de nenos vacinados contra a polio en Sirya e países veciños
  • 34.000 nenos e mozos formaron parte de actividades de apoio psicosocial
  • 32.024 nenos con acceso a educación non formal e 114.340 nenos recibiron material escolar
  • Revisouse o estado nutricional de máis de 73.000 nenos e proporcionóuselles suplementos de multi-micronutrientes