Crise alimentaria no Sahel

Máis dun millón de nenos menores de 5 anos necesitan tratamento nos centros de alimentación para a desnutrición aguda grave da rexión africana do Sahel. UNICEF leva meses traballando para evitar que a emerxencia se agrave.

A escaseza de chuvias afectou as colleitas e deixou en situación precaria comunidades enteiras. Segundo a análise de situación realizada durante o verán e o outono polosequipos de nutrición de UNICEF, sete dos oito países da zona presentan focos con taxas elevadas de desnutrición en nenos menores de 5 anos.Os índices de desnutrición nas rexións máis secas deChad e Mauritania, Níxer ouMali, requiren unha resposta de emerxencia. Comunidades enteiras de Burkina Faso, Senegal, o norte de Camerún e Nixeria tamén están en risco.Existe un tratamento terapéutico que combate a desnutrición. Por iso, o esforzo de UNICEF e os seus aliados céntrase en conseguir suficiente cantidade de alimento terapéutico de cara ás crecentes necesidades que se esperan para os próximos meses, e así, evitar unha emerxencia a grande escala. O desafío é grande e, se se conseguen os recursos necesarios para unha acción a grande escala,aínda se está a tempo de evitar unha catástrofe humanitaria.

Níxer

Níxer é un dos países afectados. De acordo coas últimas estimacións, a colleita 2011-2012 estará marcada por un déficit de máis de 519.000  toneladas de[] cereais, o que supón un 14% por debaixo das necesidades de consumo da poboación.

 O 11 de novembro, o Goberno de Níxer xunto a UNICEF, difundiron unha análise da situación nutricional e dos alimentos no país. Nesa análise reflíctese que máis de seis millóns de persoas están en situación de inseguridade alimentaria. A crise nutricional é un feito en Níxer e está a golpear con dureza zonas como Ouallam, Téra e Filingué, que perderon toda a súa colleita debido á seca ou as pragas.  

Acción de UNICEF:

UNICEF traballa no seu plan de resposta temperá á emerxencia, tratando de conseguir subministración de alimento terapéutico abondo para abordar as crecentes necesidades. Xa en novembro, 270.924 nenos con desnutrición aguda grave recibiron tratamento.

Xunto co Programa Mundial de Alimentos (PMA), realízanseaccións para ampliar a cobertura e parapromover entre as familias hábitos saudables dealimentación infantil que poden evitar casos de desnutrición.

Ademais, UNICEF, xunto coa Axencia para o Desenvolvemento Internacional de Estados Unidos, o Departamento de Axuda Humanitaria da Unión Europea, o goberno de Níxer e outros aliados puxeron en marcha unha intervención de emerxencia no distrito deMagaria, onde máis de 20.000 familias recibiron nos últimos meses achegas en efectivo para a súa subsistencia.A través deste programa, cada nai recibe unha mensualidade de 20.000 francos CFA, o que equivale a 40 dólares, durante tres meses. Save the Children desenvolve este programa co apoio deUNICEF, ocupándose da distribución en estreita colaboración cos líderes das comunidades para asegurar que se chega aos cales máis o necesitan.

 Malí

As taxas de desnutrición aguda dos nenos en Malísitúanse entre o 10-15%, moi próximas ao albor de emerxencia, o que significa que uns 315.000 nenos menores de 5 anos sofren desnutrición aguda e 915.000 nenos menores de 5 anos sofren desnutrición crónica. Esta situación podería empeorar nos próximos meses. De feito, o goberno de Mali declarou situación de crise para o ano 2012, en termos de produción e dispoñibilidade de alimentos, especialmente en rexións do norte como Kayes, Koulikoro, Segou,Mopti, Tumbuktu, Gao eKidal. Se as predicións sobre as colleitas se cumpren,deteriorarase aínda máis a situación nutricional, chegando segundo as peores estimacións ao millón de persoas con desnutrición aguda. Isto podería provocar un inaceptable número de mortes de nenos. Ademais, existen importantes agravantes da situación, como a crecente inestabilidade e a suba dos prezos dos alimentos entre outras causas significativas.  

Acción de UNICEF:

UNICEF está a reforzar e acelerar as intervencións para a prevención e coidado dos nenos desnutridos a través de 4 accións claves:  

  • Promovendo hábitos correctos de alimentación infantil.
  • Controlando a deficiencia de micronutrientes a través de controis de saúde.
  • Tratando os casos de desnutrición coa provisión de alimento terapéutico.
  • Mellorando a supervisión e o manexo da desnutrición a través dun enfoque baseado no fortalecemento comunitario.  
Mauritania

Máis de 650.000 persoas sofren inseguridade alimentaria,e a situación prevista para os próximos meses é alarmante. Unha combinación de factores como: a maior seca das últimas décadas e as pobres colleitas, a limitada dispoñibilidade de cereais, a diminución de ingresos das familias e a suba do prezo dos alimentos está a golpear duramente a poboación máis vulnerable.

 Acción de UNICEF:UNICEF xuntos cos seus aliados desenvolveu un plan de resposta nas sete rexións máis afectadas, con atención especial para as persoas máis vulnerables, tendo en conta as necesidades específicas de cada zona:  

  • Distribución de alimentos abondo en cantidade e calidade, incluíndo alimento terapéutico para os nenos con desnutrición.
  • Garantir o acceso e permanencia dos nenos na escola, lugar idóneo para o seguimento da saúde dos nenos.
  • Prover auga ás comunidades máis afectadas pola seca.
  • Apoiar controis periódicos de saúde para o control nutricional da poboación.


UNICEF espera empezar a recibir o apoio de doadores de todo o mundo para expandir o programa a outras rexións de Níxer durante 2012, beneficiar ás familias e fortalecer a capacidade do goberno para responder ás crises alimentaria. UNICEF Españaabriu xa unha vía de colaboración para todos aqueles que queiran contribuír a evitar que a situación se agrave aínda máis no sahel.