Corno de África: UNICEF intensifica as súas operacións

UNICEF está a intensificar as súas operacións para poder atender as necesidades humanitarias dos nenos e as familias somalís nos campos e comunidades ás que chegan desprazados. A axuda é vital en materia de saúde e nutrición, hixiene e saneamento, e protección infantil.

1.300 refuxiados chegan cada día, despois de sobrevivir ao longo camiño dende Somalia. Un 80% destes desprazados son mulleres e nenos. A poboación total dos tres campamentos próximos aDadaab é agora de máis de 400.000 persoas.Preto da metade dos nenos que chegan aos campos de desprazados dende o sur de Somalia están desnutridos. Son comúns as noticias de nenos que morren polo camiño ou xusto á súa chegada aos campamentos.

Olivia Yambi, Representante de UNICEF en Kenya, afirma que a saúde dalgúns nenos desnutridos que atravesan a fronteira e chegan á localidade deLiboi é tan precaria que non poden esperar ata chegar a Dadaab para recibir tratamento. "Moitas familias somalís que cruzan ata Kenya por Liboi non se decatan para chegar ata os campos de refuxiados en Dadaabde que aínda deben camiñar outros 100 quilómetros".

Resposta de UNICEF centrada na supervivencia infantil e desenvolvemento
  • Aumento na entrega de subministracións dealimento terapéutico a hospitais e centros de estabilización para o tratamento dosnenos menores de cinco anos que teñen desnutrición.  
  • Traballo con autoridades sanitarias locais para establecer un centro nutricional en Liboi que garanta ás familias que chegan a Kenya o acceso a servizos de nutrición e de primeiros auxilios.  
  • Envío de medicinas ao centro de saúde de Liboi, incluíndo kits sanitarios para axudar a 10.000 persoas, para dispoñer de subministracións preto da fronteira que poidan salvar vidas de nenos que poderían perdela no seu camiño a Dadaab.    
  • Campañas de vacinación contra o sarampelo e a polio, desparasitación e subministración de suplementos de vitamina A. Máis de 200.000 nenos menores de cinco anos serán vacinados nas próximas semanas. Ata o momento xa foron vacinados máis de cen mil nenos.  
  • Facilitar el acceso a agua limpia para 22.000 refugiados, proporcionando 1.600 jarras de agua y dos depósitos. Instalación de 16 puntos de agua para los refugiados que caminan desde la frontera por las tres principales rutas que conducen a Dadaab.
  • Construción de 146 aulas provisionais nos campamentos para acoller os refuxiados recén chegados e poder aliviar a conxestión nos centros que xa existían.

En toda a rexión,UNICEF calcula que serán necesarios 315 millóns de dólares para ampliar as operacións ao longo de seis meses e poder chegar aos nenos nas zonas afectadas pola seca con asistencia preventiva e de emerxencia.