Cooperantes dixitais que nos namoran: Alberto López Palacios

Alberto López Palacios é fotógrafo e hai unhas semanas converteuse nuns dos nosos cooperantes dixitais máis activos. A través da súa iniciativa, #WeClickTheFuture, este artista vendeu as fotos da súa galería de Instagram por 1 euro. Todo o que recadou doouno integramente a UNICEF.

 

O seu reto é unhahomenaxe á fotografía como práctica para conxelar recordos. Tamén serve para confirmar que calquera motivo é bo para facer deste planeta un lugar mellor para os nenos de hoxe e de sempre. 
 
"A miña intención émostrar á sociedade que todos podemos e debemos ser partícipes dun cambio positivo fronte asituacións de inxustiza, sen concesións e sen necesidade de grandes infraestruturas", cóntanos desde San Sebastián, o seu lugar de residencia.

COOPERANTE DIxITAL e FOTÓGRAFO TODOTERREO

Alberto elixiu esta profesión por "memoria e por amor", as únicas cousas que poden "transcender calquera dimensión espazo temporal". Desde entón cubriu conflitos bélicos, fames negras ou desastres naturais en países como Sudán, Níxer, Haití ou Sirya. 
 
Coñecer a realidade da infancia nos lugares máis inhóspitos do planeta foi un dos motivos principais que impulsaron a este fotógrafo a elixir o noso traballo como destino dos fondos. "Extirpar a posibilidade de soñar aos máis pequenos é sen ningún xénero de dúbida o noso maior fracaso como sociedade", cóntanos. 
 
Alberto está convencido dopoder que ten a fotografía para cambiar o mundo. "Creo que a arte radica en facer perceptible para o resto dos mortais aquilo que no seu estado natural non o é. E é a percepción desa realidade a que pode estimular a un suxeito a querer cambiar a súa contorna", di Alberto, que considera que o seu labor é "dar a coñecer o descoñecido e o ignorado".

Ti TAMÉN PUEDES SER COOPERANTE DIxITAL

Calquera escusa serve para converterse en cooperante dixital de UNICEF. Alberto utilizou a súa profesión e a súa paixón, a fotografía, para mobilizar ás máis de 500 persoasque compraron unha foto da súa galería de Instagram (@albertolopezphoto).

 
Ti tamén podesser cooperante dixital e loitar contra a desnutrición infantil. Porque, como di este fotógrafo: "somos a primeira xeración que pode erradicar a fame" e#ahoraNOpodemosparar de salvar vidas.