Convocatorias programa Cidades Amigas da Infancia

O programa Cidades Amigas da Infancia lanza o  V Sello de Reconocimiento e o  VI Certamen de Boas Prácticas de Cidades Amigas da Infancia. O programa ten como fin a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) no ámbito local.

Actualmente son 54 os municipios españois recoñecidos como 'Cidade Amiga da Infancia'. Na 1ª Convocatoria (ano 2004), foron recoñecidos 26 municipios. Espérase que á presente Convocatoria (2012-2016) concorran ao redor de 40 novas candidaturas. Ademais, tal e como establece o correspondente Protocolo, deberán renovar o seu Recoñecemento os municipios que o obtiveron en 2008. Pola súa banda, os 20 municipios recoñecidos na última edición (ano 2010), deberán enviar a memoria de actividades relativa ao período 2010-2012. O prazo de presentación de candidaturas xa encóntrase aberto e pecharase o próximo 10 de xullo.Polo que respecta ao VI Certame de Dereitos da Infancia e Política Municipal, prémiase as accións realizadas nunha ou varias das oito categorías previstas nas Bases por un Goberno Local (Concello, Distritos, Deputación Provincial, Cabidos e Consellos Insulares) individualmente, ou por unha mancomunidade de Concellos, así como por outra agrupación de Concellos. O prazo de presentación de candidaturas está aberta e pecharase opróximo 15 de xuño.