Condena a Lubanga: unha vitoria para a protección dos nenos en conflitos

UNICEF aplaude a condena da Corte Penal Internacional contra Thomas Lubanga polos crimes de guerra nos que se recrutaba nenos para o seu movemento armado na República Democrática do Congo (RDC).  

Como resultado da decisión histórica de hoxe, Lubanga é o primeiro xefe militar que se enfronta á xustiza internacional pola utilización de nenos como armas de guerra. "Esta é unha vitoria fundamental para a protección dos nenos nos conflitos", dixo Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "A condena de Thomas Lubanga por parte da Corte Penal Internacional envía unha mensaxe clara a todos os grupos armados que escravizan e maltratan os nenos: a impunidade non será tolerada. "Thomas Lubanga Dyilo, ex presidente das Unión de Patriotas Congoleses, foi declarado culpable de recrutar e alistar nenos menores de 15 anos e utilizalos como participantes activos no conflito daRepública Democrática do Congo en 2002 e 2003. Miles de nenos, algúns de tan só sete anos, foron recrutados e utilizado como combatentes, así como carrexadores, cociñeiros e escravos sexuais, por parte de todos os bandos en conflito.UNICEF incide en que o recrutamento e a utilización de nenos en conflitos é un crime de guerra. A miúdo son os nenos máis vulnerables os que sofren explotación -os orfos, e nenos que foron separados das súas familias e comunidades a causa da violencia-. UNICEF pediu en repetidas ocasións o axuizamento dos que cometen este delito. "A explotación de nenos por parte de grupos armados vai máis alá de violar os seus dereitos, róuballes a súa infancia", dixoLake. "AUNICEF aléntalle que o Fiscal daCPI, Luis Moreno-Ocampo, fixese fincapé na situación dos nenos recrutados e utilizados por forzas ou grupos armados no seu axuizamento exitoso".

Nenos en conflitos armados

Decenas de miles de nenos seguen sendo vítimas destas graves violacións en polo menos15 conflitos armados en todo o mundo. UNICEF manterá os seus esforzos no traballo para rescatar estes nenos e contribuír á súa rehabilitación.UNICEF vén traballando intensamente en varios países, entre eles a República Democrática do Congo, para axudar aos nenos atrapados en conflitos a través de programas de educación e capacitación técnica nas comunidades, e especialmente apoiando mulleres e nenas. Dende 2005, polo menos 35.000 nenos foron liberados ou escaparon das forzas armadas ou grupos armados na RDC e recibiron o apoio de UNICEF e os seus aliados para lograr reintegrarse nas súas comunidades e familias.