Chamada para rematar coa poliomielite

"O Comité de Supervisión Independente sobre os avances na erradicación mundial da poliomielite informou sobre un importante achado: 2,7 millóns de nenos en seis países non recibiron unha soa vacina contra a polio. Esta é un chamada de atención para acelerar todos os esforzos para chegar a estes nenos ", dixo Anthony Lake, Director Executivo de .

"Non só eses millóns de nenos nunca foron vacinados contra a polio senón que moitos deles non recibiron os beneficios da inmunización rutineira. O informe fai un chamamento a todos para que axudemos a encontrar e vacinar estes nenos, e fagamos que cada encontro con estes nenos conte para rematar con esta terrible enfermidade" "Como moitos destes nenos viven en zonas inestables de conflito, como algunhas partes do leste de República Democrática do Congo, Borno, no norte de Nixeria, a rexión do noroeste de Paquistán, o espazo humanitario sempre debe estar protexido e preservado de maneira que os heroes das campañas contra a poliomielite -os voluntarios, os vacinadores e os movilizadores sociais- poidan ter acceso total aos nenos. Este é especialmente o caso nunha campaña global como a loita" "contra a poliomielite" "A campaña contra a poliomielite está perigosamente falta de recursos. Pero estamos preto da vitoria. Non só podemos facer historia ao ter éxito na erradicación da poliomielite, senón que seremos condenados pola historia se fracasamos". "UNICEF comprometeuse, cos seus aliados, a poñer en marcha as recomendacións formuladas no informe, como o uso de campañas de vacinación contra a poliomielite nas campañas integradas de saúde pública en torno a unha boa hixiene e nutrición, a ampliación do uso de actividades de mobilización social para que as comunidades se apropien das campañas de saúde e a busca de formas innovadoras de chegar aos nenos que viven nos lugares máis remotos,"