Chad: unha resposta integral para salvar as vidas dos nenos

O fillo de Khadija, Nawal, de 6 meses, tivera diarrea e vómitos durante días, pero ela pensou que estaba relacionado cos dentes. Finalmente, cando a febre non baixaba, levouno a unha clínica en Yamena, onde lle diagnosticaron desnutrición aguda grave.

"Non temos o suficiente para comer na casa", explicou Khadija. "O que gaña o meu marido non é suficiente para alimentar a familia". O caso de Khadija é o de centos de nais que acoden cos seus fillos á clínica Notre Sane de Apostles en Yamena. "Onte tratamos 62 casos de desnutrición grave", explica a IrmáMerceline M ´ po, enfermeira e experta en nutrición na clínica. "E hoxe temos máis de 70 casos".

Unha crise que agrava a situación dos nenos xa vulnerables

Mesmo nun ano normal,Chad ten unha das taxas de desnutrición crónica máis altas do mundo. A rexión experimenta un ano de escaseza. Segundo datos de UNICEF, o 15,7% dos nenos menores de 5 anos en 2010 xa estaba a sufrir desnutrición grave e a taxa de desnutrición crónica é do 39%.A falta de chuvias en 2011 empeorou aínda máis esta situación, o que unido ás malas colleitas provocou un aumento dramático nas taxas de desnutrición- non só en Chad, senón en toda a rexión do Sahel. Este ano espérase a tempada de escaseza en Chad de abril a setembro, cando normalmente vai de xuño a setembro. O Goberno de Chad estima que o prezo dos cereais aumentou do 22 ao 43%, o que agrava aínda máis esta situación.  

Unha resposta inmediata

"A Organización Mundial da Saúde (OMS) e os seus aliados introduciron novos criterios que nos permiten diagnosticar antes aos nenos menores de 5 anos que sofren desnutrición aguda grave, o que nos permite derivar os nenos a centros de saúde antes de chegar a estados máis críticos," explicou o doutor Yaron Wolman, Xefe de Saúde e Nutrición deUNICEF.UNICEF e os seus aliados non perderon o tempo. En Chad, UNICEF está a apoiarmáis de 276 centros de alimentación, e estanse a realizar esforzos adicionais.

Unha crise alimentaria con numerosos factores, unha resposta integrada

"Esta crise débese a unha combinación de factores, o principal é a inseguridade alimentaria", dixo Roger Sodjinou, Oficial do Programa de Nutrición de UNICEF en Chad. "Pero tamén hai outras causas, como a falta de acceso dos lactantes a unha alimentación axeitada, falta de acceso á saúde e á hixiene e saneamento," engadiu. Para solucionar isto, UNICEF e os seus aliados están a responder á crise cun enfoque integrado."Atender ás necesidades inmediatas da desnutricióné o núcleo e a base da nosa resposta", dixo Wolman. "Pero a nosa resposta tamén inclúe intervencións en saúde, auga e saneamento, educación,VIH/SIDA, protección, e un paquete de intervencións de alto impacto, o que reducirá as incidencias, e sobre todo reducirá a mortalidade, que se relaciona coa desnutrición,". De acordo con UNICEF, en Chad, 127.000 nenos menores de cinco anos enfrontaranse á desnutrición grave nos próximos 8 meses. 300.000 sufrirán desnutrición moderada