A campaña 'Lévaos á escola' consegue máis de 300.000 euros

A campaña de ING Direct a favor de UNICEF España Lévaos á escola conseguiu ata o momento máis de 300.000 euros en doazóns, que se destinarán integramente aos programas de educación que a organización leva a cabo en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil.  

A educación contribúe a mellorar as condicións de vida e aerradicar o círculo de pobreza que sofre a infancia no mundo en desenvolvemento. UNICEF traballa para conseguir que todos os nenos do mundo accedan a unha educación básica e de calidade. Actualmentemáis de 67 millóns de nenos non poden asistir á escola en todo o mundo.

mantense a iniciativa

Ante o éxito da campaña e os grandes resultados obtidos, ING DIRECT decidiu manter esta iniciativa solidaria de forma indefinida. Deste xeito, todas as persoas que queiran continuar colaborando poderán facelo a través do micrositehttp://www.llevalosalaescuela.com/ e mediante a descarga da aplicación para smartphones noAndroid Market e noApple Store."Estamos moi agradecidos aos nosos clientes e a todos os internautas que participaron nesta iniciativa e que estamos seguros que seguirán facéndoo co mesmo compromiso. Grazas a todos eles e a súa solidariedade, UNICEF continuará facendo posible que miles de nenos poidan recibir unha educación de calidade e así forxarse un futuro mellor", valorou a Directora Xeral de ING Direct España,Carina Szpilka. A campaña Lévaos á Escolaenmárcase dentro do programa INGChances for Children, que naceu en 2005 froito dun acordo de colaboración entreUNICEF e o Grupo ING a nivel mundial. O obxectivo deste programa é traballar polo dereito á educación de nenos en países como Zambia, Etiopía, India e Brasil. Grazas ás doazóns dos clientes e á axuda dos profesionais do Grupo ING, dende o seu lanzamento o programa logrou xa a escolarización de máis de 600.000 nenos en situación desfavorecida.