"Axudar a que os nenos sobrevivan é importante"

O Embaixador de UNICEF España Pau Gasol visitou varias zonas de Chad, que sofren as terribles consecuencias da crise alimentaria e nutricional no Sahel. Uns 18 millóns de persoas están directamente afectadas pola situación de emerxencia nesta rexión africana. Entre eles, 1,1 millóns de nenos menores de cinco anos necesitarán tratamento contra a desnutrición aguda grave en 2012.

"Estas visitas son duras de vivir, pero á vez moi enriquecedoras a moitos niveis. Poder axudar a que os nenos sobrevivan e eviten a morte é algo moi importante (...) grazas á axuda de todos, que podemos achegar o noso granito de area, estamos a dar unha oportunidade para que miles de nenos poidan seguir adiante, e poidan ter unha oportunidade", dixo Pau Gasol na súa recente visita a Chad.

UNICEF está a responder á crise dende hai varios meses, reforzando o seu persoal e aumentando a distribución de subministracións de emerxencia. No que vai de ano, tratouse contra a desnutrición grave a máis de 336.000 nenos menores de cinco anos no Sahel.

"Este ano en Chad chegáronse a tratar, co incremento de centros nutricionais e a axuda de UNICEF e outras organizacións, de xaneiro e ata o día de hoxe, a máis de 70.000 nenos. Son nenos que se non chegan a recibir este tratamento e esta axuda posiblemente tivesen morto", dixo Gasol.

Durante a súa estanza no país africano, o xogador da NBA visitou algúns dos centros nutricionais que UNICEF apoia en toda a rexión e coñecendo o traballo da organización contra o avance da desnutrición infantil.
  

 “Este año en Chad se han llegado a tratar, con el incremento de centros nutricionales y la ayuda de UNICEF y otras organizaciones, de enero y hasta el día de hoy, a más de 70.000 niños. Son niños que si no llegan a recibir este tratamiento y esta ayuda posiblemente hubieran muerto”, dijo Gasol.

 

CON FATEMA e 0s SeUS xemelgOS

En Mao, no centro-oeste do país, Gasol visitou un centro nutricional ambulatorio e un centro nutricional terapéutico. No primeiro, as nais acoden unha vez á semana para que os seus nenos sexan examinados, pesado e medido para controlar a desnutrición, e reciban as porcións semanais de alimentación terapéutica lista para o seu consumo. Alí conversou con Fatema e coñeceu os seus xemelgos, uns dos cales está a punto de recuperarse completamente, e se interesou por outros casos.

Despois, coñeceu o traballo dunha ONG aliada de UNICEF nun proxecto de nutrición, auga, hixiene e saneamento, e visitou un wadi onde a FAO axuda ás familias a ser autosuficientes mediante o cultivo de alimentos.

Tamén en Mao visitou dúas escolas dos programas de UNICEF que aseguran que, a pesar das dificultades, os nenos poidan seguir aprendendo, e onde grupos de voluntarios lles ensinan prácticas saudables como lavarse as mans, que evita enfermidades mortais como a diarrea ou a pneumonía. Nunha das escolas Gasol arbitrou un partido de fútbol.

é necesario que se multiplique o compromiso

"Estou a ver, informándome e tamén transmitindo un pouquiño á xente, concienciando de cal é a situación aquí, de que se están a facer cousas moi positivas, moi boas, que se está a avanzar bastante, pero que segue quedando moito por facer," valorou o xogador de baloncesto. "Creo que para que as sociedades reaccionen a problemas tan graves para tantas persoas é necesario que se multiplique o compromiso", engadiu.

As declaracións de Pau Gasol recollidas nesta noticia foron feitas en entrevistas en directo dende Chad con Radio Nacional e Cadena Ser.