Auga e saneamento nas escolas de Guinea Bissau

O acceso a auga potable e a unha axeitada información sobre prácticas de hixiene protexe a saúde dos estudantes e anímaos a asistir á escola, especialmente no caso das nenas. En 60 países en desenvolvemento, máis da metade das escolas de educación primaria non teñen acceso a auga potable e case dous terzos carecen de latrinas e instalacións de rede de sumidoiros axeitada. UNICEF promove proxectos de auga, saneamento e hixiene en escolas de todo o mundo.

A FundaciónPedro Navalpotro deSoria apoiará, con 7.000 euros, un programa de auga e saneamentosostido por UNICEF na rexión deTombali, sur de GuineaBissau.O obxectivo do proxecto Mellora do acceso a auga potable, instalacións de saneamento e promoción da hixiene, éreducir as enfermidades e a taxa de mortalidade infantil relacionada co acceso e a calidade da auga, mediante a instalación de equipos de auga e saneamento de baixo custo e a promoción da hixiene en sete escolas de Tombali. O Vicepresidente de UNICEF Comité Castela e León, José María Lara, agradeceu a colaboración desta fundación soriana, "que permitirá que se poidan crear latrinas para favorecer a educación de nenos e nenas. Trátase dun elemento fundamental para que as nenas poidan asistir a clase, xa que neses países teñen dificultades por compartir cos varóns estas instalacións,". Pola súa banda, o Presidente da Fundación Pedro Navalpotro, Pedro Navalpotro, subliñou a importancia de mellorar o abastecemento de auga e hixiene, e recordou que "debido á falta de auga potable nos países subdesenvolvidos, miles de persoas, e especialmente nenos, morren por escaseza desta".