Acordo de colaboración con CEHAT para promover os dereitos da infancia

A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) e UNICEF Comité Español asinaron un acordo de colaboración para a realización de iniciativas comúns que sirvan para difundir, colaborar e apoiar os programas que a organización leva a cabo a favor da infancia.

A firma do acordo tivo lugar na sede de UNICEF Comité Español en Madrid e foi rubricado polo presidente de CEHAT, Juan Molas, e por Consuelo Crespo Bofill presidenta de UNICEF Comité Español.

CEHAT asinará ademais o código de condutaECPAT contra a Explotación Sexual Comercial Infantil no turismo e a industria das viaxes co obxectivo ademais de promovelo entre os seus asociados e favorecer a súa implementación.

As dúas metas principais deste acordo son, por un lado, potenciar a sensibilización de todos os grupos de interese de CEHAT sobre a necesidade de adoptar medidas para facer efectiva a protección da infancia fronte á explotación sexual comercial infantil no turismo e as viaxes. Por outra parte, facilitar a captación de fondos para o financiamento de programas de UNICEFComité Español a través da promoción da iniciativa HoteisAmigos e outras accións similares.