2013: un ano de desafíos pola infancia

En 2013 UNICEF traballou incansablemente para mellorar as vidas dos nenos e nenas, ao longo dun ano de continuos desafíos.

2013 estivo marcado pola grave crise de Sirya, a emerxencia causada polo tifón de Filipinas e o conflito en República Centroafricana, graves emerxencias que están a ter unhas consecuencias desvastadoras para a infancia.


Foi un ano de logros, pero tamén de grandes retos para a infancia.

Sirya: máis dun millón de nenos refuxiados

Durante case 3 anos, os nenos de Sirya foron asvítimas máis vulnerables doconflito, xa que tiveron que ver como morrían as súas familias e seres queridos, se destruían as súas escolas e se minaban as súas esperanzas.

"Neste momento encontrámonos nunha situación bastante peor que hai un ano. Hai 10 veces máis refuxiados fóra de Sirya que entón. A situación deteriórase. Cada día é peor. E o mundo debe facer o posible para solucionalo, afirma Anthony Lake, director executivo de UNICEF.

UNICEF está a traballar, tanto dentro coma fóra deSirya, en saúde, nutrición, protección, auga, saneamento e hixiene e educaciónpara dar resposta a esta situación, pero hai unha alarmante falta de fondos para afrontar as enormes necesidades da poboación.

Aínda que grazas ao apoio de socios e doadores, conseguimos que 10 millóns de persoas teñan acceso a auga potable dentro de Sirya e máis de 330.000 fóra do país e vacinar 5,8 millóns de nenos contra o sarampelo en Sirya e países afectados.
 

Filipinas: casi 6 millóns de nenos afectados polo tifón Haiyan

UNICEF segue traballando sen descanso para responder ás necesidades de 5,9 millóns de nenos que están a sufrir as consecuencias do tifón Haiyan enFilipinas: "o tifón máis forte que golpeou unha zona habitada. Unha escala épica", afirma Christopher de Bono, Xefe Rexional de Comunicación de UNICEF en Asia do Leste e Pacífico.

Con 14,1 millóns de afectados, a prioridade de UNICEF é seguir chegando aos nenos e familias con medicamentos básicos, subministracións nutricionais, auga potable e artigos de hixiene.

A dous meses daemerxencia, xa se logrou que750.000 persoas teñan acceso a auga segura, ademais, logrouse vacinar máis de 45.000 nenos contra a polio e osarampelo.
 

República Centroafricana: unha violencia sen precedentes contra os nenos

Un ano despois do inicio do conflito enRepública Centroafricana, 2,3 millóns de nenos sofren as consecuencias desta crise e estanse a converter nas vítimas da violencia e do recrutamento forzoso. O número total de desprazados no país achégase ao millón, dos cales polo menos a metade son nenos.

UNICEF está a traballar para dar resposta ás necesidadesurxentes dos nenos e as súas familias nas áreas de saúde, nutrición, educación e protección.

Nos últimos 12 meses,UNICEF enviou catro avións de carga con subministracións vitais (por valor de 3,5 millóns de dólares) para a resposta de emerxencia aos afectados pola guerra. Estas subministracións inclúen medicamentos, alimentos terapéuticos para tratar a desnutrición, mosquiteiras, mantas, kits de hixiene e recreativos.
 

2013: ano de retos pola infancia

Ademais destas situacións de emerxencia humanitaria,UNICEF traballou para mellorar a vida de nenos e nenas con programas de supervivencia, protección, educación, así como pola defensa dosdereitos da infancia e a loita contra oVIH/SIDA.

En protección, en 2013 UNICEF centrou todos os seus esforzos en poñer fin á violencia contra os nenos, na loita contra a mutilación xenital feminina, o recrutamento dos nenos en conflitos armados e o traballo infantil, entre outras accións.

En 2013, UNICEF continuou o seu labor para garantir aos nenos o seu principal dereito: a supervivencia, a través de programas de saúde, auga, saneamento e nutrición. UNICEF insistiu na importancia de investir nos nenos, especialmente na primeira infancia, como "o investimento máis rendible que pode facer un país", afirma Mickey Chopra, Xefe de Saúde de UNICEF.

En educación, UNICEF traballa en máis de 150 países en desenvolvemento co fin de asegurar que todos os nenos e nenas teñan acceso a unha educación de calidade, poñendo especial énfase na educación en situacións de emerxencias. Pero aínda queda moito por facer para lograr a escolarización dos 57 millóns de nenos e nenas que, en todo o mundo, non van á escola.

Este ano, ademais,UNICEF dirixiu todos os seus esforzos a sensibilizar sobre a importancia de promover os dereitos dos nenos con minusvalidez, tema sobre o cal xiraba a publicación insignia de UNICEF Estado Mundial da Infancia 2013: "Cando non se ten en conta os nenos con minusvalidez, estes nenos non contan e "a sociedade perde", afirma Rosangela Berman Bieler, asesora superior de UNICEF para nenos con minusvalidez.