Mapa de
Paz Mental
para temibles troles infelices
#mapadepazmental
Mapa de paz mental para temibles troles infelices
Unha tribo de troles pediunos axuda: queren saír das súas covas e adaptarse á vida moderna pero non entenden ben á xente nin a si mesmos, frustranse e pasan o día enfadándose e loitando. A nosa misión será deseñar un mapa de emocións e sensacións que sirva de guía para que se coñezan mellor e poidan relacionarse pacificamente con outras persoas e troles.
Un mapa de emocións para os troles... e para as persoas
O resultado será un mapa imaxinativo e artístico que podes amosar na aula ou no centro educativo e compartir nas redes sociais co hashtag #mapadepazmental
Guía da actividade
Ser quen de recoñecer as emocións doutras persoas e desenvolver habilidades sociais é fundamental para poder establecer relacións positivas e construtivas, que nos axuden a gozar da vida, afrontar retos e construír unha sociedade máis respectuosa, pacífica e dialogante. Usa a guía para sacar o máximo proveito desta actividade!
Adestrar temibles troles para que sexan felices
Descarga o documento da misión e a silueta do troll para poder xerar os teus mapas de paz mental.
Conseguilo cubrindo este formulario
* Por que pedimos estes datos?:
Esta información axúdanos a mellorar o noso traballo:
- Os datos de contacto sobre o voso centro permítennos darvos apoio, no caso de que o necesitedes
- Os datos sobre a actividade axúdannos a saber que temas preocupan á infancia e orientan as nosas propostas.
Grazas!