Palabros
climáticos
Novas palabras para un clima cambiante
#palabrosclima
As palabras definen o noso mundo
A crise climática e outras ameazas medioambientais están a redefinir o futuro da infancia e supoñen un dos maiores retos que terán que afrontar ao longo da súa vida. Con todo, é un futuro fronte ao que nos faltan palabras: para entender o impacto da emerxencia climática nas nosas vidas, necesitamos buscar novas palabras para cousas que antes non existían.
Palabras novas para cousas que non existían
Propoñémosvos crear palabros: palabras novas, raras e incluso rimbombantes para poder definir algunhas das cuestións medioambientais que máis preocupan nas aulas. Como podemos facelo? É moi sinxelo
- Para elixir un concepto sobre o que crear un palabro e a súa definición, podedes pensar en situacións nas que os dereitos da infancia se vexan involucrados.
- O voso palabro pode estar inspirado nunha palabra real, xuntar dúas palabras para xerar un novo significado ou ser totalmente novo e atolado. A definición si que ten que ser cousa seria porque falamos de dereitos!
Guía da actividade
Esta actividade permite desenvolver habilidades científicas, lingüísticas, artísticas e de participación infantil. Descobre todas as posibilidades desta actividade descargando a guía para a aula.
Contribúe a un gran dicionario colaborativo
Introduce aquí a palabra que inventastes e a súa definición: poderás descargar a ficha para decorar e compartir na aula e nas redes sociais.
Ademais, a vosa definición sumarase á de moitos outros centros educativos. Só tes que encher este formulario:
* Por que pedimos estes datos?:
Esta información axúdanos a mellorar o noso traballo:
- Os datos de contacto sobre o voso centro permítennos darvos apoio, no caso de que o necesitedes
- Os datos sobre a actividade axúdannos a saber que temas preocupan á infancia e orientan as nosas propostas.
Grazas!