Merendiñas contra o cambio climático

CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña)

 

Durante aproximadamente un mes levamos a cabo este proxecto no que combinamos o DEREITO Á SAÚDE dos nenos e das nenas co cambio climático. Tarefa difícil!! Pero este grupo de 26 nenos de 6º de Primaria comprobaron que cunha boa alimentación poden reducir o uso de envases dos productos que traen coas súas merendas ao colexio, cada vez máis baseados no plástico, nos bricks e noutros que contaminan se non se produce un axeitado reciclaxe deles. 

E chegamos a conclusións moi interesantes como o feito de que no noso colexio de 10 aulas e 250 alumnos produciriamos durante todo o curso escolar e só coas merendas do recreo nada máis e nada menos que 152 kg e 150 g de residuos non orgánicos!! Aparte de que esas galletas, bolos, batidos e outro tipo de alimentos non son axeitados para unha dieta saudable, o que merma a nosa saúde.

Por todo isto fixemos unhas propostas aos líderes mundiais por medio dos nosos representantes locais para que se reduzan o emprego destes materiais nos produtos de consumo habituais en venta nos supermercados. A ver se nos fan caso... 

 

 

Post compartido por:

Alfonso González - CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (A Coruña)

 

Participa no Blog!

Cada semana ocorren cousas novas nos centros enredados e leste é o lugar para compartir as vosas experiencias. Tamén atoparás aquí información de última hora sobre novidades relacionadas coa Educación para o Desenvolvemento. Contribúe coas noticias das actividades que desenvolva o teu centro! (lembra iniciar sesión para poder publicar a túa noticia).

Comparte a túa experiencia

 

1001 proxectos polo planeta

O 20 de novembro é o día no que todos celebramos os dereitos da infancia: é unha data para o coñecemento, o compromiso e a acción. Este curso propoñemos transformar o día nun gran momento para comunicar que o cambio climático é cousa da infancia e que nenos, nenas e adolescentes teñen moito que dicir e facer sobre este problema.

DESCOBRE MAIS