Viaxe de socios a terreo: cando os ollos confirman o que o corazón decide

Polo xeral, a decisión de facerse socio dunha organización como UNICEF componse dunha gran dose de confianza baseada na imaxe de marca, o bo nome da organización, a causa á que se dedica...
 
Moi de cando en cando esa decisión susténtase en coñecer de primeira man o traballo da organización en terreo. É máis ben case un acto de fe guiado pola xenerosidade e as ganas de axudar. Unha decisión tomada co corazón.
 
UNICEF España organizou a primeira viaxe de socios a terreo para dar a oportunidade aos nosos socios de comprobar que a decisión que un día tomaron de unirse a nós foi moi acertada. E así nolo corroboraron despois de visitar en Senegal e Ghana programas de saúde, educación, protección e auga, saneamento e hixiene que UNICEF está a levar a cabo nestes países.
 
Seis socios e os seus acompañantes puideron viaxar tras o sorteo realizado entre os máis de 1.300 participantes. O noso obxectivo era que este grupo coñecese en profundidade o traballo de UNICEF en terreo para que eles mesmos e coas súas propias palabras puidéseno contar aos máis de 310.000 socios que hoxe formamos parte de UNICEF España.
 
"Eu cando me fixen socia de UNICEF tiña poucas ou ningunha dúbida de que a axuda ía chegar, pero despois de vir a Ghana e velo, pois por suposto que chega, por suposto que fai unha diferenza. Coas contribucións que facemos os socios de maneira individual ponse en marcha moitísimos proxectos que axudan aos nenos, ás súas familias e significan unha verdadeira diferenza na calidade de vida destes nenos e nas oportunidades que poden ter." contábame Meysi Pérez Cheng, socia de UNICEF desde hai case un ano.
 
É unha satisfacción para todos os que traballamos en UNICEF escoitar que, mesmo antes de viaxar, os nosos socios xa confiaban plenamente en que a axuda chega. Pero ver que a viaxe superou as súas expectativas, corroborando a decisión que un día tomaron e afianzando aínda máis o seu compromiso, é, ademais, unha inspiración extraordinaria para seguir traballando na nosa misión de garantir os dereitos de todos os nenos en calquera lugar do mundo.
 
Para nós ademais é moi importante que cada un dos nosos socios comprenda o valiosa que é a súa axuda, porque como me comentaba Paqui Moreno, socia de UNICEF desde hai 17 anos, "aínda que cada un pensemos que realmente podemos facer moi pouquiño (...) é que a túa pequena achega aquí faise moi grande".

 

Nesta ocasión non aplica o refrán "ver para crer", xa que os nosos socios cren antes de ver. Esta viaxe foi un "ver para confirmar", para ter aínda máis certeza de que a axuda chega e faio de forma efectiva e eficiente, moi ben xestionada polos equipos de profesionais e voluntarios de UNICEF no terreo.
 
"Eu pensaba que UNICEF facía escolas, hospitais, comedores... dos que se beneficiaban miles de nenos. Pero non é así. UNICEF vai máis aló, axudando a organizar e estender a sanidade desde abaixo, desde o primeiro nivel; apoiando a construción de letrinas nas escolas, a distribución de vacinas, campañas de hixiene, o rexistro do nacemento, etc.", contaba ao seu regreso Víctor, que leva 8 anos como socio de UNICEF.
 
Xa de volta, dámosnos/dámonos conta de que o obxectivo do viaxe se ha cumprido e que queremos que moitos máis socios teñan a oportunidade de confirmar cos seus ollos a decisión que de corazón un día tomaron. Por iso, esperamos convocar proximamente a segunda edición da viaxe a terreo para socios. Entre tanto, o noso máis profundo agradecemento a cada un dos 310.000 socios de UNICEF en España por facer caso ao seu corazón e confiar en UNICEF.
 
Post de Alicia Moreno, responsable de doantes particulares e mercadotecnia en UNICEF España